Resposta ás acusacións de perda dunha subvención de 6.000 euros para actividades de conciliación.

1. Ao abeiro da Resolución de 05/04/11 da Secretaría Xeral de Igualdade o goberno anterior encargou a través dunha empresa externa unha memoria de actividades para desenvolver un programa de fomento da conciliación de acordo co artigo 4º.2.1.c) da Resolución: Poderá ser obxecto da subvención, “c) Calquera outra medida, sempre que os seus obxectivos respondan ao fin de fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes a través da conciliación dos seus tempos persoais, laborais e familiares”.

2. Presentouse a solicitude de subvención por 6.000 euros, pero por un erro do técnico da empresa, non advertido nas oficinas municipais, non se incluiron as actuacións no fomento da conciliación, senón nun programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento integral da violencia de xénero.

3. Deste xeito, na Resolución do 16 de xuño de 2011 publicada o pasado 21 de xuño, requírese ao concello (como a moitos outros), que presente unha documentación, entre ela o plan de igualdade do concello que é un requisito da convocatoria para as axudas para os programas de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento integral da violencia de xénero e non para os programas de fomento da conciliación.

4. Como hai un prazo de dez días no requirimento da resolución, poderiase presentar un escrito tentando que a solicitude sexa considerada como de fomento de conciliación, explicando o erro padecido. Así comunicámoslle á empresa externa que contacte co novo concelleiro de Asuntos Sociais e Educación neste senso.

5. Porén hai que dicir que no hipotético caso de que a subvención fose correctamente tramitada estaba por ver se ía ser concedida e por que contía.

6. Evidentemente lamentamos o sucedido, damos a cara explicando a situación, pero tamén dicimos que nos últimos catro anos obtivéronse varias subvencións para este tipo de actividades de nenos. Por exemplo todo lembramos a do Concello Saudable da Consellería de Sanidade que posibilitou perante todo o 2009 o
desenvolvemento dun programa amplísimo onde tamén participaron os máis pequenos.

Alegria y tristeza para Juan Saborido(Neno)

Este fin de semana el cesureño Juan José Saborido Liñares, conocido entre sus amigos por (Neno), se proclamó campeón del Open Gallego de B.T.T. en la modalidad de Rally, en la categoría M-40.

La alegría es que después de haber sumado 3 victorias, 2 segundos puestos y 2 terceros, tiene en su haber los puntos suficientes para proclamarse campeón, a pesar de que aún falta por celebrarse una última carrera puntuable en Maceda.

La tristeza es que posiblemente no podrá disputar este fin de semana el campeonato gallego, debido a que en esta última carrera celebrada en Oleiros(A Coruña), sufrió una caída con lesiones importantes, que le impiden disputar dicha carrera.

Juan José Saborido que corre en el equipo  ??A Ponte Vella-(Lugo),  junto con José Manuel  Pérez (A Vonte Vella) y Xulio Xosé Conde (C.C. Maceda) partía como uno de los favoritos, ya que en estos momentos se encuentra en un buen estado de forma.

De todas formas, los que conocemos a Neno, que esta hecho de una pasta especial, no descartamos que pueda presentarse, aunque no sea al cien por cien.

Animo Neno y a recuperarse rápido.

Mañá martes pleno extraordinario en Pontecesures.

Será ás 11:30 horas, coa seguinte orde do día:

1. Acta anterior.
2. Réxime de sesións do pleno.
3. Creación e composición das comisións informativas permanentes.
4. Nomeamento de representantes da corporación en órganos colexiados.
5. Coñecemento das resolucións da alcaldía en materia de nomeamento de tenentes de alcalde e delegacións da alcaldía.
6. Proposta de creación da Xunta de Goberno Local.
7. Comunicación da constitución de grupos políticos munnicipais. Integrantes e portavoces.
8. Dedicacións parciais.

O grupo municipal do BNG de Pontecesures rectifica a designación do voceiro municipal.

Aínda que nun principio foi nomeado voceiro polos catro membros da corporación, e comunicado así ao concello por escrito, Manuel Luis Álvarez Angueira, uns días máis tarde, Cecilia Tarela Barreiro comunicou, tamén por escrito, o desexo de rectificación pasando a ser ela a voceira do grupo municipal designando xa aos representantes da formación nacionalista nas comisións informativas.