Louzán negocia a volata ao PP de Pontevedra de listas independentes nas locais.
O presidente provincial do PP de Pontevedra, Rafael Louzán, e único candidato á reelección no XV congreso provincial do próximo 28 de novembro asegurou que está a manter conversacións con responsables de listas independentes escindidas do PPdeG, para lograr a súa reincorporación ao partido de cara ás próximas eleccións municipais de 2011.
Nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polos vicepresidentes provinciais do PP de Pontevedra, José Manuel Figueroa e José Crespo, convocada para anunciar a súa condición de único aspirante a encabezar o comité executivo do partido, Louzán insistiu en que as portas do PPdeG están â??abertas de par en par para quen queira volverâ?�, en alusión a formacións independentes como as existentes no Porriño e outros concellos.
Co obxectivo de â??evitar escisións e lograr maioría absolutaâ?� cos votos que reciben esas listas, Louzán apelou ás persoas â??que puideron militar no PPdeG e nalgún momento tomaron a decisión de irse e non obstante volveron, e cada día van volver máisâ?�, argumentando que o seu partido é â??a opción política da maioríaâ?�.
Figueroa apuntou á recuperación de â??moitas alcaldíasâ?� en municipios onde o PP ten unha â??maioría aplastanteâ?� e que non chegou a dirixir â??polos pactos dun bigobierno que non funciona e que o único obxectivo que persegue é que o PP non goberneâ?�.
Aínda que se mostrou â??convencidoâ?� de manter â??ao cen por cenâ?� as actuais alcaldías e recuperar o goberno en concellos â??pequenosâ?�, Figueroa avogou por â??dar a batallaâ?� nas cidades de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía, nas que o PP sitúa o seu â??obxectivo claroâ?� para as próximas eleccións locais.
Pola súa banda, Crespo destacou o â??lideradoâ?� de Louzán á fronte do partido en Pontevedra.
DIARIO DE AROUSA, 18/10/09