A galería da rúa Sagasta permanecerá pechada polas noites.

Levaba moito tempo a comuidade deste edificio solicitando permiso para pechar este paso polas noites. O ruidoso “botellón”, a suciedade e as pintadas eran a tónica xeral das noites da fina de semana, coas conseguintes queixas dos titulares das vivendas sobre todo polos problemas de salubridade.
Esta galería comunica as rúas Sagasta e Estación de Pontecesures, constituíndo un importante atallo. Agora polas noites vai estar pechado pois o concello autorizou esta obra ao garantirse que a medida non afecta as saidas e entradas do edificio en situacións de emerxencia e se axusta á legalidade.

Curso de Cociña para nenos

Ola, solicitamos a vosa colaboración para axudarnos a difundir a nosa próxima actividade.

No noso blog tedes información sobre ela. Trátase dun curso de cociña para nenos e nenas que terá lugar este sábado día 30, entre as 17:00 e as 19:00 horas da tarde. Será na cociña do convento de Herbón e sen custe algún. Tampouco é necesario que as persoas que asistan traian nada, salvo un mandil para non mancharse moito.

Os pais e nais que desexen agardar aquí a que os seus fillos/as rematen o curso poden quedar con nós no recinto e acompañarnos nunha visita guiada. Cómpre apuntarse xa porque temos un número limitado de prazas que asignaremos por orde de inscrición (20 prazas).

A inscrición pode facerse, como de costume, no 617 260 670 ou mandando un correo a sementar@gmail.com.

Máis información en: http://sementar.wordpress.com/

Partido Popular Pontecesures: Mitin o sábado 30 de Abril en Pontevedra

Con motivo do mitin que o presidente nacional do Partido Popular, Mariano Rajoy, celebrará o próximo sábado 30 de Abril na plaza de toros de Pontevedra, o Partido Popular de Pontecesures ten reservado un autobús para asistir a dito mitin, que sairá da plazuela ás 5:30 da tarde o próximo sábado.

Para reservar praza no autobús, deberán poñerse en contacto ou ben con calquera dos membros da lista electoral ou ben chamando ó teléfono 648-643059 antes do xoves.

Prégase máxima puntualidade xa que hai un horario determinado para a entrada á plaza de toros. A viaxe é gratuita.

Nota de Prensa