Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 2.916

Política

Resposta do grupo de goberno de Pontecesures á moción de ACP sobre a retirada das pagas extraordinarias de decembro aos concelleiros liberados.

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

Ilustración de sección

Unha vez apresentada por parte do grupo ACP unha proposta de moción, para a sesión plenaria do 30 de xullo, solicitando a retirada das pagas extraordianarias de decembro aos concelleiros liberados do Concello de Pontecesures; estes 3 membros do goberno queren poñerlle as cousas claras o Sr. Sabariz:

En este caso chega vostede tarde. Xa que por acordo dos tres quedou claro que nos iamos a retirar a paga extra de nadal. Xa llo fixemos saber no seu día á secretaria para que o contemplase nos orzamentos deste ano. Así que sin preguntar se isto xa estafa feito manda vde. un globo sonda o espazo. Pero é como soe facer vostede as cousas, sin xeito.

Non somos tontos, xa nos enteramos do real decreto, aínda que vostede se crea o ombligo do mundo e o máis listo, nós xa tiñamos tomada esta determinación.

E agora dende o equipo de goberno queremos deixarlle claro que esta moción do seu grupo non irá ao pleno do día 30 de xullo xa que o seu contido é unha obviedade e non ten sentido. Como non ten sentido presentar unha moción sobre un tema cando o tema xa esta aclarado. Pero bueno as cousas só as fai así o Sr Sabariz que non debe ter nada máis que facer.

 

Cultura

Goza do Ulla: Rutas de sendeirismo.

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

Rutas organizadas polos concellos que baña o río Ulla, dende Monterroso ata Rianxo.

A próxima ruta a realizar é a do concello de Touro o domingo 5 de agosto. A ruta “Ribeira do Ulla”. Lugar de encontro na Casa do Concello de Touro ás 10.00 horas.

Información e inscricións ata o 27 de xullo no enderezo electrónico:

ana.pajaro@touro.dicoruna.es

ou no teléfono 981 504 029

Mais información na web:

www.touroturismo.com

A continuación podese descargar o PDF completo coas datas e información de tódalas rútas:

http://pontecesures.org/vernoticia.asp?id=382

 

Política

Texto da moción da ACP sobre a supresión da extra aos concelleiros con exclusiva.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

O pleno de Pontecesures aprobou en xullo de 2011, cos votos do goberno local, tres dedicacións exclusivas para os tres tenentes de alcaldes do concello que ocupan Ángel Manuel Souto Cordo (TeGa), Cecilia Tarela Barreiro (BNG) e Roque Luis Araújo Rey (PSOE). Fixouse así unha retribución por cinco horas de traballo diario de 1.300 euros mensuais, para cada un deles, con doce mensualidades e dúas pagas extraordinarias, cun custo anual total para o concello polas tres dedicacións de 56.400 euros (1.300x3x14) ao que hai que engadir a cota patronal da seguridade social.

Como de todos é coñecido, o Real Decreto Lei 20/2012, de 13 de xullo de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e do fomento da competitividade suprimiu a paga extraordinaria de decembro de 2012 para todo o persoal do sector público, entendendo que os cargos corporativos retribuídos que temos no concello non deben quedar á marxe da medida por razóns obvias. A austeridade da que se fala debe ser para todos, tendo en conta, ademais que a ACP sempre considerou disparatado que haxa tres dedicacións exclusivas no Concello de Pontecesures (a metade do equipo de goberno).

Polo exposto, proponse ao pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:

1. Suprimir a paga extraordinaria de decembro de 2012 de 1.300 euros aos tres tenentes de alcalde do concello de xeito que perciban en dito mes a cantidade de 1.300 euros da mensualidade, pero non a dos outros 1.300 euros da paga extraordinaria.
2. Que se regularicen as cifras das bases mensuais de cotización rateadas, tendo en conta a supresión de dita paga extraordinaria de decembro de 2012.

Pontecesures, 16/07/12

Luis Ángel Sabariz Rolán

Política

Sabariz pide suprimir la paga extra a los ediles liberados.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

El concejal de ACP, Luis Sabariz, presentará al próximo Pleno ordinario ­a celebrar el 30 de julio­ una moción en la que plantea la supresión de la paga extraordinaria a los tres concejales liberados del Concello de Pontecesures, Cecilia Tarela, Roque Araújo y Ángel Souto Cordo, que cobran 1.300 euros mensuales ??por cinco horas de traballo diario?, con doce mensualidades y dos pagas extras, según se aprobó en la sesión plenaria de julio de 2011. Esto supone un coste anual para las arcas municipales ??de 56.400 euros, ao que hai que engadir a cota da Seguridade Social?, indica Sabariz Rolán.
El portavoz de ACP apunta que el Real Decreto Ley de medidas para garantizar la estabilidad presupuestaria y el fomento de la competitividad ­aprobado por el Gobierno central el pasado viernes­ ??suprimiu a paga extraordinaria de decembro de 2012 para todo o persoal do sector público?. Considera que Sabariz que los cargos corporativos retribuidos del Concello ??non deben quedar á marxe desta medida por razóns obvias. A austeridade da que se fala debe ser para todos?, teniendo además en cuenta que ACP ??sempre considerou disparatado que haxa tres adicacións? en el Ayuntamiento cesureño, lo que supone ??a metade do equipo de goberno?.

DIARIO DE AROUSA, 17/07/12