
O escenario do Auditorio valgués acolleu aos protagonistas de â??Un morto moi vivoâ?�.
O Auditorio Municipal de Ferreirós, no concello de Valga, foi onte o escenario da estrea mundial da última obra que dirixiu Xosé Lueiro, e que leva por título â??Un morto moi vivoâ?�.
As risas foron as protagonistas nas butacas da sala valguesa pero os actores fixeron o resto do traballo. Encabezados polo humorista estradense Isi, e a coñecida actriz Dorotea Bárcena (coñecida por darlle vida a Amadora, nos Tonechos), os asistentes pasaron algo máis dunha hora de bo humor, con risas ao ver como un â??mortoâ?� lle facía das súas á pobre da muller.
A viúva (Dorotea Bárcena) e o morto (Isi) non estaban sós no escenario xa que Chelo do Rejo e Toño Pena (gañador do I Certame de Teatro que organizou o Concello de Valga con motivo do bicentenario da Batalla de Casaldeirigo) tamén tiveron a súa importancia no transcorrer das aventuras desta parella tan peculiar, dentro e fóra dos escenarios.
Argumento > Ás portas da morte, segundo el, aínda que ao mellor non tanto como pensaba, o â??mortoâ?� comeza a darlle instrucións á súa esposa sobre como quere que sexa o seu funeral, xa que está nas últimas. Ela anda desesperada á busca dos poucos cartos que pode ter aforrados, xa que son unha familia humilde, pero o marido os ten ben agochados pois son malos de atopar (aínda que non tanto como parece).
Nesta busca do capital do esposo, hai varios personaxes que interveñen e que lle intentan botar unha man á pobre da â??viúvaâ?� para así facerlle un enterro â??ao ghrandeâ?� ao seu home e cumprir a súa última vontade.
As gargalladas foron máis que abundantes na estrea de â??Un morto moi vivoâ?� que agora vai percorrer distintos concellos de toda a xeografía galegaâ?�.
DIARIO DE AROUSA, 23/03/09