El concejal de Relaciones Institucionales de Pontecesures, Luis Sabariz, dió traslado al diputado del BNG en el Congreso Francisco Rodríguez, del acuerdo adoptado por la Corporación en el último Pleno para gestionar el mantenimiento de la línea de cercanías Vilagarcía-Santiago con paradas en el municipio cesureño, de manera que la villa pueda seguir contando con este medio de transporte una vez que entre el funcionamiento el AVE.
La ANPA del colegio de Pontecesures reclama una marquesina.
El CPI Pontecesures consiguió, recientemente, por parte de la Delegación Provincial, una nueva parada de transporte escolar en la pista de la Barosa para trasladar al centro a los alumnos de Toxa y de Carreiras, después de las gestiones realizadas por la Anpa del Colegio, tras la reclamación de las familias que viven en la zona.
Bello Maneiro: “O individualismo e o localismo xeralizado impiden que a Mancomunidade Ulla-Umia funcione”
Tras dúas lexislaturas á fonte de Mancomunidade Ulla-Umia, Xosé María Bello Maneiro deixará o cargo no mes de outubro para dar relevo a outro alcalde da comarca. O rexedor valgués di marchar co convencemento e a satisfacción de ter posto en marcha proyectos coma a UPD, dous programas Now, ou o Leader Plus, pero tamén coa decepción de non ter logrado que os concellos deixasen a un lado os “localismos” e se concienciasen dos beneficios que podería reportar ó Ulla-Umia mancomunar servicios.
Maneiro renuncia á Mancomunidade Ulla-Umia e o PP propón a Roberto Vázquez como relevo.
Será ó longo do mes de outubro cando se constitúa a nova Mancomunidade. Previsiblemente o día 16 de outubro convocaráse a reunión de tódolos concelleiros electos da comarca para elixir ós representantes de cada partido na Comisión Executiva. Estes deberán ser os que nomeen, posteriormente, ó novo presidente. O proceso quedará pechado antes de que finalice outubro.
O BNG acusa a Luis Sabariz de “enchufar” á súa cuñada nun posto de conserxe.
O BNG de Pontecesures denunciou a “hipocresía” do goberno tripartito no que á contratación de persoal se refire e sostén que o concelleiro non adscrito Luis Sabariz “conseguiu enchufar xa á súa cuñada” na plantilla municipal. Refírese concretamente á súa contratación como conxerxe dentro dun programa da Xunta.
A ANPA do CPI Pontecesures solicita ó Concello unha marquesina para a nova parada do transporte escolar de Toxa-Carreiras.
Presentou a ANPA no Concello o seguinte escrito:
Como é coñecido por todos, A Delegación Provincial de Educación autorizou recentemente unha nova parada de transporte escolar na pista da Barosa para trasladar ó centro escolar ós alumnos de A Toxa e Carreiras, despois das xestións realizadas por esta ANPA en base as peticións das familias da zona.
Mostra “Novas Poéticas” da artista plástica Matilde Allones no Casino de Padrón.
A exposición terá lugar entre os días 29 de setembro e 16 de outubro no Casino de Padrón.
Matilde Allones é unha polifacética artista padroexa. Xa súa nai tiña arte de pintar e destacaba polas súas cualidades nesta faceta.
Foto Protesta: Cartel no camiño dos Mariñeiros
Acabamos de recibir unha imaxe tomada no Camiño dos Mariñeiros, na carpintería de José Portas, posto a principios do ano 2006, por unha obra de ampliación da rúa.

Comentan no correo electrónico unha serie de cuestións como a de si este elemento vai a quedar para a vida nese sitio, plantexando que nese caso podían nomealo “monumento turístico” do barrio. Rematando ca seguinte frase:
Esperamos que o novo goberno tome nota e se retire de alí antes de outro ano e medio.