Tiveron que retirar marquesinas de autobuses que se desplazaron ata o centro das estradas por mor do vento, e tamén retirar árbores caídas en estradas secundarias, na PO-548 e na N-550.
BALONCESTO: HORARIOS DESTA FIN DE SEMANA
Estes son os partidos que os equipos do noso club van xogar esta fin de semana:
SENIOR: Sábado ás 19.30 h. en Vilagarcia contra el Doce Sequeiros.
CADETE: Sabado ás 12 en Pontecesures contro o BBC A
INFANTIL FEMININO: Domingo ás 19 h. en Pontevedra, contra o Arxil.
Os outros 4 equipos non xogan esta semana. Os Xunior tiñan descanso, e os infantís e alevíns non teñen xornada pola concentración alevin deste domingo en Tui, de seleccións zonais, organizada pola federacion galega. A esta concentracion acude na categoria feminina a nena do noso club Antia Sanmarco, representando a Arousa.
O pleno de Pontecesures acordou este mediodía ceder terreos en Infesta para o albergue de peregrinos.
Acadando a maioría absoluta de seis votos que se precisaba para adoptar este acordo, cedéronse os terreos das antigas escolas e o terreno circundante á S.A. de Xestión do Plan Xacobeo para construir un albergue de peregrinos. Os catro concelleiros do BNG presentes (xustificou a súa ausencia Arturo Ferro) votaron en contra.
Na mesma sesión aprobáronse as contas xerais de 2007 e 2008. Votaron a favor os seis membros do grupo de goberno. Abstivéronse os representantes nacionalistas.
Moción do BNG para ampliación da pista Grobas-Fenteira.
Dna. Margarita C. García Castro, Dna. Cecilia Tarela Barreiro, D. Manuel Luis Álvarez Angueira, D. Xosó Antonio Baliñas Pazos e D. Arturo Ferro González; membros da corporación e pertencentes ao BNG,
EXPO?EN:
Os núcleos de poboación de Grobas e Fenteira están unidos por un vial que os comunica entre sí. No obstante, este vial é de apenas 3,5 metros de ancho e ao longo do mesmo forma importantes estreitamentos contando, ademáis, con tres ou catro curvas moi pechadas en Fenteira. Estas características fan que na actualidade a pista só sexa apta para a circulación e tránsito de automóbiles pequenos e tractores, pero non podendo circular por ela nin camións nin autobuses.
Así os veciños de Grobas e Fenteira se atopan con situacións de deficiencias en servizos básicos que se deben corrixir.
O autobús escolar, tras a súa chegada escolar non pode continuar ata Fenteira polo estreitamento do vial e ten que dar a volta e retomar a estrada autonómica Pontecesures-Baloira, non podendo pois acceder directamente como sería o lóxico e desexable.
Esta misma circunstancia se da para o acceso de camións, para construccións ou para abastecementos en xeral, servizo de butano, bombeiros, etc…, non podendo chegar a Fenteira dende Grobas nin a Grobas dende Fenteira. Tamén xurden dificultades se se quere ofertar debidamente o servizo de recollida de lixo.
Ao noso entender, a mellora deste vial é importante e necesaria para ofertar unha maior calidade de vida e un mellor desenvolvemento socioeconómico dos veciños e veciñas destes núcleos de poboación do Concello de Pontecesures, polo que o concello debe establecer convenios coa administración autonómica (Consellería do Medio Rural) para que a través do PIM e/ou do PIR se acometa o ancheamento desta pista.
Por todo o exposto, solicitamos do Pleno da Corporación o seguinte acordo:
Que se destinen os fondos do PEIM 2010 e/ou do PIR 2010, complementándooos, se fose necesarios, con fondos propios, para o ancheamento do vial que une Grobas con Fenteira.
Pontecesures, a 15 de xaneiro de 2010

