Estes día están a chegar os escritos aos interesados para que se presenten o venres día 20 no Centro Social de Pontecesures para cumplimentar o cuestionario e entregar a documentación requirida nos escritos.
Saliéntase que dos 173 inscritos na Casa do Concello, máis uns cuantos que o fixeron directamente na oficina de emprego de Vilagarcía, preseleccionaron a 116.
Como xurden dúbidas en canto a esta primeira preselección e a posterior selección, infórmase que hai unhas bases que regulan estes temas, asinadas en virtude do disposto pola Orde de 30 de decembro de 2008 (DOG do 14 de xaneiro de 2009) da Consellería de Traballo.
Os requistos mínimos son os seguintes:
1.Estar desempregado, para o cal hai que estar inscrito no Servizo de Emprego Público de Galicia, carecendo dunha ocupación remunerada e estean dispoñibles para o emprego.
2.Ter 25 ou máis anos.
3.Cumprir cos requistios da normativa reguladora do contrato para a formación durante toda a duración do proxecto.
4.Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida a normal aprendizaxe.
5.Terase en conta a adaptabilidade á oferta dos postos.
Requisitos preferentes:
-Persoas menores de 30 anos.
-Mulleres.
-Mulleres vítimas da violencia.
-Parados de longa duración.
-Maiores de 45 anos.
-Persoas con discapacidade aptos para os traballos do obradoiro.
-A non participación noutros obradoiros de emprego ou escolas obradoiros.
-Colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social.
-Idoneidad para o posto de traballo segundo resulte da análise da súa vida laboral.
Terán prioridade absoluta as mulleres vítimas da violencia doméstica.
Causas de exclusión:
1.Incumprir os requisitos mínimos.
2.Falsear os datos do cuestionario.
3.Falta de documentación acreditativa.
4.Posuir unha titulación universitaria.
5.A expulsión doutro obradoiro, escola obradoiro ou casa de oficios.
Os parámetros para realizar a sondaxe (de onde saen os 116 aspirantes preseleccionados) son os seguintes:
a) Ámbito xeográfico. Só senón se atopan candidatos suficientes (tres por posto) cunha titulación ata FPII (agás nas especialidades previstas para o obradoiro de emprego) inclusive no Concello de Pontecesures, se amplía a sondaxe ata os concellos próximos.
b)Requisitos mínimos:
-Estar desempregado inscrito no Servizo Público de Emprego.
-Ter 25 anos ou máis.
-Cumprir os requisitos para asinar un contrato para a formación durante toda a duración do obradoiro.
-Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida a normal aprendizaxe.
c)Número de candidatos a remitir: ata 3 por posto con nivel profesional de peón ou oficial de 3ª
Nivel académico:
-Fontaneria Solar-Térmica: mínimo Graduado Escolar ou equivalente.
-Albanelería e Traballo Forestal: mínimo certificado de estudos ou equivalente.
Logo do cuestionario do día 20 de novembro, o día 10 de decembro será publicada no concello a lista de candidatos. (os que se pasan, digamos, dos 116).
O sistema de selección para elixir os 33 alumnos traballadores definitivos constará dunha primeira fase de valoración dos méritos alegados poolos aspirantes. A devandita valoración complementarase cunha entrevista personal co obxecto de avaliar o interese dos desempregados para participar no proxecto e as súas aptitudes e capacidades, tanto as de carácter xeral como as relativas á súa adecuación ás singularidades de proxecto formativo e a adaptabilidade dos postos que se van desempeñar.
Trala valoración dos méritos, pasarán á entrevista dous candidatos por posto (o sexa 66). Porén, o grupo de traballo mixto poderá incrementar o seu número coa fin de garantir a correcta selección dos participantes.
Rematadas as actividades selectivas publicarase a selección final levantándose a correspondente acta.
Por outra banda infórmase que os componestes do grupo de traballo mixto responsable da selección son os seguintes.
Por parte da Consellería de Taballo:
-Nieves del Río Otero.
-Almudena Calvo Domingo.
Por parte do Concello de Pontecesures:
-Consuelo Ordóñez Martínez
-José Francisco Rodríguez Fructuoso
