Hace unos minutos fue talado dicho abeto por operarios muncipales. La planta, de grandes dimensiones, estaba resquebrajada al medio y amenazaba con venirse abajo por los fuertes vientos.
Sólamente quedan en pie tres abetos rojos en pie en la zona. Ante su gran tamaño, los frecuentes temporales y la proximidad tanto de la escuela infantil como del colegio, serán talados todos en las próximas horas. Ya hay signos preocupantes en el asfalto y no queda más remedio que adoptar esta medida de seguridad.
Morreu María García Pedrosa, veciña de San Xulián.
Aos 72 anos, morreu hoxe María García Pedrosa, dona de José Miguéns Turnes, e veciña da Rúa do Castro nº 6 de San Xulián. Era xubilada de Nestlé.
O cadáver está a ser velado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Mañá martes, día 10 de febreiro, ás 17:45 horas sairá a comitiva fúnebre ata a Igrexa Parroquial de Pontecesures onde ás 18:00 horas terá lugar a misa funeral. Logo recibirá sepultura María no camposanto municipal de Condide.
Descanse en paz.
Hoxe ás 17:00 horas misa funeral por Hipólito “O Cubano”.
Ás 16:30 horas sairá o féretro cos restos mortais de Hipólito José Diz García, de 67 anos, e veciño de Condide, dende o Tanatorio de Padrón. Ás 17:00 horas terá lugar a misa funeral na Igrexa Parroquial de Pontecesures. Logo “O Cubano” recibirá sepultura no camposanto municipal de Condide.
Descanse en paz.
Campionato de truco na Parrillada o Criollo.
O venres día 13 de febreiro, a partir das 22:00 dispútase o XVII Campionato de Truco “Parrillada o Criollo” de O Pino-Valga.
O 1º premio é de 1.000 ? e trofeos, o 2º de 400, o 3º de 150 e o 4º de un lote de bebidas.
Na repesca, o 1º premio é de 300 ?, e o 2º de un lote de bebidas.
O prezo de inscrición son 30 ? por parella (986 559253) e o sorteo terá lugar o xoves día 12 ás 21:00 horas no local.
O límite son 64 parellas, e será servido un pincho aos participantes.
No suposto que non se acaden ás 64 parellas, os premios serán reducidos proporcionalmente.
Suspendidas, por mor do temporal, as clases de mañá no ensino non universitario en Galicia.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ven de comunicar esta suspensión ante o mal tempo que se aveciña con ventos moi fortes. Esta suspensión é para mañá día 9 de febreiro durante todo o día.
Suspendido o partido senior do Extrugasa Río Ulla.
Por humidade na pista, suspendeuse o encontro de baloncesto entre O Meco e o Extrugasa Río Ulla de Pontecesures, que estaba previsto para hoxe ás 19 horas en O Grove.