Celebracións do Pilar, en San Xulián, o día 12 de outubro.

O domingo día 12 de outubro terá lugar esta celebración organizada pola Asociación de Veciños de San Xulián.
A alborada correrá a cargo das pandereteiras da Asociación Cultural Xarandeira de Pontecesures.
Ás 13:00 horas terá lugar a Misa Solemne na capela do lugar, oficiada polo párroco de Pontecesures, D. Arturo Lores Santamaría e cantada polo Coro de “A Barcarola”.
A continuación sairá a procesión coa imaxe da Virxe do Pilar pola rúa deste nome.
Rematada a procesión actuará o grupo folclórico “Xarandeira” de Pontecesures.

Lémbrase que dende o día 3 de outubro ata o día 11, ás 19:00 horas, estase a celebrar a misa e a novena na Capela do Pilar de San Xulián.

Falece Mercedes Cristobo, de San Xulián.

?s 83 anos de idade, faleceu esta mañá, no Hospital Clínico Universitario de Santiago, Mercedes Cristobo García, veciña da rúa Cantillo de San Xulián (fronte á “Papelera”).
Era viuva, Mercedes, de Francisco Domínguez Oliveira “Farrisco”, que foi concelleiro do Concello de Pontecesures bastantes anos.
A misa funeral será mañá luns día 6 de outubro, ás 18:00 horas, na Igrexa Parroquial de Pontecesures e os restos mortais recibirán sepultura despois no Cemiterio Parroquial de San Xulián. O cadáver está a ser velado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón, dende onde mañá, ás 17:30 horas, sairá a comitiva fúnebre para Pontecesures.
Descanse en paz.

Reunión de amigos en Padrón.

amigos-padroneses.jpg

La visita de Michel y su mujer, Cristina, residentes en Ceuta, sirvió de excusa a un grupo de amigos padroneses para reunirse en una comida en el pazo de Lestrobe, donde degustaron unos platos exquisitos gracias a la elección de Kiko Yánez.

Vida Social Gallega. EL CORREO GALLEGO, 05/10/98

El BNG reclamará a Madrid dinero para las obras de A Ponte.

El BNG de Padrón calificó ayer de «desagradable sorpresa» que los presupuestos del Estado para el año 2009 «non contemplen unha partida para a actuación da N-550 no concello padronés», en concreto, en el tramo de A Ponte. De este modo, el portavoz nacionalista Xoán Santaló añade que «é moi pouco serio anunciar unha actuación de importancia para A Ponte, cuantificar incluso o orzamento da mesma (4,49 millóns de euros) e logo non facela efectiva».
Santaló añade que «non se pode xogar coas necesidades, a confianza e a ilusión dos veciños». El BNG recuerda que la mejora de ese tramo «é unha longa reivindicación dos veciños de A Ponte e dos padroneses». El BNG anuncia que «vai loitar no Parlamento de Madrid para que o Goberno asigne os fondos necesarios».

LA VOZ DE GALICIA, 05/10/08

Co “Serán” remata o proceso do trigo en Cordeiro.

trigo.jpg

Los vecinos gozaron dunha xornada ó máis puro estilo tradicional.

A paraxe de A Candieira, na parroquia valguesa de Cordeiro, foi o lugar no que onte se escenificou o último paso do proceso de tranformación do trigo, que non foi outro que dar boa conta dos produtos elaborados con este cereal. Ducias de maiores, nenos e representantes municipais sentáronse entorno a unha mesa para desfrutar dun bo xantar no que os pratos estrela foron as empanadas, o pan, e postres coma os biscoitos ou a rosca, todo el feito a partir do trigo que os propios veciños cultivaron nunha finca próxima ó longo dos últimos meses.
A diversión estivo garantizada en todo momento gracias á animación das pandereteiras do municipio, que entonaron coplas e muiñeiras durante boa parte da tarde. Tampouco faltaron os gaiteiros, imprescindibles en toda festa galega que se precie, e a sesión de baile púxoa o grupo musical vilanovés ??Los tres latinos?.

Con esta Romería do Trigo culmina a segunda edición dun programa interxeracional que o Concello puxo en marcha no 2007 co obxectivo de ensinar ás novas xeracións de valgueses como se traballaba o campo hai varias décadas, cando a tecnoloxía e a maquinaria eran algo reservado a uns cantos privilexiados e había que botar man do esforzo personal para poder cultivar todo tipo de produtos, neste caso o trigo.

Á hora de recrear estes traballos foi fundamental o papel desenrolado polos integrantes da asociación de maiores de Valga (Axentiva), que actuaron como mestres e ensinaron ós alumnos dos colexios de Baño e Xesús Ferro Couselo actividades agrícolas coma a sementeira do trigo, a sega e a malla, un dos pasos máis espectaculares. Tan só faltaba moer o grao conseguido para que onte pudieran todos levar á boca produtos do máis artesanal.

DIARIO DE AROUSA, 05/10/08