Maneiro cree de Vázquez se “olvida” de Valga.

p019genn03_1.jpg

Los trabajos se desarrollan en distintos puntos del río.

El alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, lamentó que el Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, no haya visitado todos los municipios afectados por el vertido y únicamente se desplazara a Padrón. El regidor valgués indicó que ??temos un quilómetro de marxes do Ulla afectados polo fuel?, en la parroquia de Campaña y indicó que ??botei de menos unha chamada do conselleiro ou que visitase a nosa vila. Unha vez máis olvídase de Valga?.
Maneiro recibió ayer una llamada del director xeral de Conservación da Natureza, que fue quien le informó sobre las tareas de limpieza y la situación del vertido. El alcalde puso a disposición de la Consellería ??todo o noso persoal para colaborar na limpeza, tanto os traballadores do Concello coma Protección Civil?, aunque de momento el departamento de Medio Ambiente no reclamó estos medios, que también incluyen un biólogo contratado por el Ayuntamiento. Maneiro explicó que, por ahora, la playa fluvial de Vilarello no está afectada, pero sí la zona de enfrente, por lo que ??se vemos que ven algún fuel cara a praia, iremos alimpiar inmediatamente para ter todo controlado?.

DIARIO DE AROUSA, 29/04/08

Tamén as piragüas do Náutico cesureño chegaron manchadas de chapapote nestes días.

Fontes do Club Náutico confirmaron hoxe que varias embarcacións apareceron impregnadas de chapapote logo dos entrenos polo río Ulla. Esta desgraciada nova está a crear problemas na planificación deportiva das actividades do club.
Por outra banda, continúan os labores de limpeza, sobre todo nas brañas do termo municipal de Dodro. A vexetación impregnada de fuel lévase ata a praia fluvial de Vilarello en Valga onde, unha vez depositada en contenedores, é retirada por camións. Precisamente en dita praia está situado o centro de operacións destas tarefas de limpeza.
Por último, dicir que foi colocado unha barreira de seguridade nas proximidades da saída do colector de Picusa, preto do Campo da Insua, por se aflora máis fuel ás augas. Tamén hai pouco foi colocada outra barreira na Bacariza (antes da ponte de Catoira) para impedir que algún chapapote continúe baixando para a ría de Arousa. Esta barreira de seguridade ten un espazo aberto para permitir o paso de embarcacións.

Rolda de prensa do conselleiro de Medio Ambiente no Concello de Padrón sobre o vertido de fuel no río Ulla.

Ás 11 horas do día de hoxe, comezou a rolda de prensa na Casa do Concello de Padrón, onde o conselleiro Manuel Vázquez acompañado dos delegados provinciais de A Coruña e Pontevedra, do Presidente de Augas de Galicia, e do alcalde de Padrón, informou das medidas a adoptar relacionadas con dito vertido. Ademáis de adiantar que haberá unha investigación moi rigorosa das causas, o conselleiro falou da colocación de barreiras de protección e da incorporación ás tarefas de limpeza de lanchas da consellería e de persoal de TRAGSA ata a limpeza total do chapapote.

Mª Esther Serramito Fernández e Felicidad Bea Romay contratadas pola Deputación.

Como peóns de limpeza, e para realizar traballos en Pontecesures, foron contratadas estas dúas mulleres logo de realizar a Deputación Provincial de Pontevedra unha oferta de emprego na oficina de Vilagarcía. Este órgano da consellería de Traballo envíou unha relación de 10 traballadores/as ó organismo provincial e este realizou a selección despois de celebrar unha entrevista o pasado día 22 de abril no pazo provincial.
A prestación comeza o día 1 de maio e o contrato temporal ten unha duración de 5 meses.

O vindeiro fin de semana, festas de San Miguel en Valga.

Venres día 2 de maio, Festa da Primavera.
Verbena: Orquestra JERUSAL?N de Pontevedra.

Sábado día 3 de maio, na honra da Virxe do Carme.
13:00 Misa solemne e procesión. De seguido sesión vermouth pola charanga Santiaguiño.
Pola noite verbena: MASTER de Pontevedra e D’NIVEL de Asturias.

Domingo día 5 de maio, na honra de San Miguel.
13:00 Misa solemne. De seguido actuará o grupo de gaitas e danza de Valga.
17:00 Xogos infantís.
20:00 Concerto da Banda de Música Municipal de Valga.
Pola noite verbena: CHARLESTON BIG BAND