A comparsa de Antonio Pesado Romay obtivo o 3º premio do concurso de disfraces de Valga.

Esta comparsa, “A casa da palleta”, que gañou o 1º premio no concurso de Pontecesures, obtivo o 3º premio no concurso de Valga, por detrás de “A Casa 1906” de Catoira, e una comparsa da Banda Municipal de Valga formada por pais dos integrantes desa formación.
Foi concedido un premio especial, como grupo do municipio de Valga, a comparsa “San Femín”, integrada por persoas de Valga e de Pontecesures.

Nesta semana comezará a distribución da publicación “O camiño do mar do apóstolo”

Nesta semana serán enviados ó Concello de Pontecesures varios exemplares desta publicación creada pola Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla. ? un magnífico libro en galego patrocinado pola Dirección Xeral de Turismo que (publicáronse 10.000 exemplares) que se farán chegar ós centros galegos de todo o mundo e a distintas asociacións e centros culturais.
Esta publicación é un paso máis para potenciar a Ruta Xacobea polo río Ulla.