Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Emprego

Seminario de autoemprego e busca de emprego en Pontecesures dirixido a mulleres.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

O Concello de Pontecesures, en colaboración coa Axencia de Desenvolvemento Rural Ulla-Umia ten previsto realizar un “Seminario de autoemprego e busca de emprego” totalmente gratuito, dirixido a mulleres, para o que se precisa contar cun mínimo de 8 persoas preinscritas. Dito curso sería impartido en Pontecesures no mes de abril, en data a determinar, e tería unha duración de 8 horas. Por elo, ábrese un prazo, que remata o mércores 9 de abril, para que todas aquelas persoas interesadas pasen polas oficinas do concello a anotarse.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.