Neste I Certame de Música Tradicional “Festas da Guadalupe 2007”, a gaiteira cesureña Adriana Rivas Seijo pertencente ó grupo folclórico “Algueirada” obtivo un premio especial como solista (foi acompañada co tambor por Miguel Castaño). O primeiro e o segundo premio foron para gaiteiros con varios anos de experiencia (Adriana ten só 15 anos), pero o xurado quixo premiar tamén a magnífica interpretación da gaiteira cesureña.
Ademáis do premio económico, Adriana recibeu a felicitación dos compoñentes do xurado animándoa para que continúe esforzándose no futuro.