Os traballos de mellora de camiños rurais en Pontecesures comezaron onte. O proxecto é resultado do convenio asinado coa Consellería de Medio Rural e que suporá unha inversión no municipio de cen mil euros. As obras son executadas pola empresa Tragsa e arrincaron polo lugar de O Couto, en Condide, onde se vai pavimentar a pista e vaise dotar de saneamento.
Unha vez finalizadas as actuacións nese punto, as máquinas desprazaranse a Couto-Carreiras, San Xulián e A Toxa para pavimentar en ensanchar as pistas destes lugar
LA VOZ DE GALICIA 16/01/07