Neste remate de tempada 2005-2006, e a piques de comenzar a 2006-2007, coincidindo co exposto polo adestrador Javier Bouzas, quero destacar o traballo experimentado dos palistas André, Adrián e Alvaro, que gracias á súa entrega, esforzo e especial dedicación, acadaron resultados importantes que lles permiten estar selecciónados cos mellores palistas do pais no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Galicia. Miña felicitación tamén para todos os demais palistas, algúns que levan varios anos e outros que escomenzaron este ano ca posta en práctica da Unidade Didáctica que desarrollamos có Colexio de Pontecesures e que permiteu mostrar mais de cerca ós nenos e nenas do pobo, a beleza deste deporte, os cales, lonxe dun simple contacto ca actividade, adquiriron a destreza necesaria para mostrar o seu potencial en cada unha das regatas do calendario de competicións ás que asistiron, logrando entre todos un resultado histórico na clasificación do Club, tanto na Liga Nacional como na Copa Xunta.
Tamén agradecer a labor e o esforzo e dedicación dos pais, cuia labor e fundamental en moitos dos aspectos da actividade do Club, traslado de nenos a regatas, competicións e adestramentos, busqueda de recursos económicos, e todo no que se poida votar unha man. Para eles tamén o meu maior recoñecemento, xa que forman parte dun dos pilares fundamentais que compoñen a extructura deste Club.
Non me quero esquecer tampouco de todos os colaboradores e patrocinadores, os cales gracias a sua aportación, permiten a este Club deportivo, desarrollar esta labor cos cativos tan gratificante, participando asi nas distintas competicións por todo o territorio nacional e autonómico. Para todos eles un forte saudo.
Imaxen para recordar: Javi, no centro, durante
a homenaxe ó campion de España de Inverno
Por ultimo non podo terminar este apunte sen dedicar unhas palabras a unha persoa chamada Francisco Javier Bouzas Castaño. Aproximadamente fai algo mais de dous anos e medio, como Presidende do Club Naútico Pontecesures, ca responsabilidade de querer proxectar ó Club hacía unha dimensión superior na que se viran reflexados aspectos importantes como unha maior implicación dos cativos no piragüismo e unha maior profesionalización no adestramento dos mesmos, iniciouse a busqueda dunha persoa que poidera reunir os requisitos necesarios para lograr ese obxetivo. Asi e como coñecín a «Javi». Nos sentamos a comer, falamos da situación actual do Club, a progresión que se estaba a conseguir cada ano, e tamén cal era o obxetivo que quería conseguir. A partires de ese momento, compartindo as ideas de traballo que se tiñan que desarrollar neste Club, «Javi» se incorpora como Adestrador do Club Naútico Pontecesures.
Durante estos dous anos, «Javi», profesional como a copa dun pino, co seu saber facer, ca sua ilusión depositada de maneira incondicional neste Club, ca súa gran calidade humana, co seu trato especial cos nenos, co seu sentido de responsabilidade e disciplina, con ese don que teñen só unhas poucas persoas para ser queridas por todos aqueles que o rodean, día a día foi conquistando o corazón de todos, dos cativos, dos pais o por suposto o do Presi tamén. Moitos son os momentos vividos nesta etapa, momentos de duro traballo e de grandes alegrías. Por todo o que compartimos, dende o traballo na oscuridade que supón ser Presidente dun Club, quero decirche «meu amigo» , MOITAS GRACIAS, moitas gracias por todo o que fixeches e espero que sigas facendo por este Club e por todos nos. Demostraches con creces que eres o mellor e así cho quero decir.
Moita sorte para esta nova etapa que empezas na tua vida, aqui esperanche varias celebracións para os primeiros fins de semán que veñas. Como temos falado, pondrei toda a carne no asador para conseguir que a partires de marzo estes destinado o mais perto da túa casa e te poidas incorporar de novo ós adestramentos neste Club que te leva no corazón. Sin mais, un forte saudo dun amigo e tamen Presidente do Club Náutico.