Mediante os programas de fomento de emprego 2006 a Consellería de Traballo concedeu subvencións a tódolos concellos de Galicia e así Pontecesures percibeu 136.738 ? para contratar a 10 traballadores (peóns, administrativos, limpadores e ordenanza). Esta cantidade resulta moi baixa comparada con outros concellos da zona e así por exemplo Catoira, con pouca máis poboación, percibeu 276.000 ? para contratar 24 traballadores.
Fixéronse as averiguacións oportunas e resulta que a Pontecesures non lle asignaron máis cantidade porqué non o pideu. Díronlle todo o que solicitou resultando sorprendente que coas necesidades que temos nos diferentes servizos e có paro existente no municipio se pedira tan pouco persoal.
Esta agrupación quere denunciar a incompetencia do alcalde e do seu grupo de goberno nestas cuestións de persoal e nas solicitudes que se fan para o fomento do emprego. En anos anteriores se preparaban moito mellor estos temas con numerosas consultas e entrevistas coa administración autonómica analizando as necesidades do concello. Este ano non se fixo nada aínda que era clarísimo que coa desaparición do programa «Labora» ía haber moitos máis cartos para este programa.
E particularmente triste a desidia do alcalde neste tema pola súa condición ademáis de xefe de persoal. Coa súa actuación perdeuse unha cantidade importante para contratar máis persoal (considero polo baixo que alomenos teríamos uns 70.000 ? máis para outros 7 traballadores). E moi doado dicir que os proxectos non saen adiante por culpa da oposición. Esta perda de fondos para o concello é un prexuizo tremendo pola irresponsabilidade dun alcalde e dun grupo de goberno que non se preocupa para nada destas cuestións tan importantes.
Pontecesures, 24 de agosto de 2006
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures