O 23-12-05 adxudicouse a Doselco a obra de colocación da nova iluminación no campo de fútbol «Ramón Diéguez» por imposte de 11.008,40 ?. Houbo, o parecer, despois xestións con Fenosa e resulta que a obra de aumento de potencia que ten que asumir o concello ascende nada menos que a 13.659,21 ?.
O alcalde aceptou o orzamento de Fenosa a pesar de que non pode, baixo ningún concepto, comprometer máis de 13.000 ? sen consignación orzamentaria. Lóxicamente a compañía eléctrica non adxudicou a obra de aumento de potencia por non ter validez o compromiso do alcalde.
Pois ben; o concello solicitou unha subvención á Consellería de Presidencia para afrontar o custo da obra da potencia pero dos 13.659,21 ? só diron 4.500 e así hai que aportar 9.159,21 ? e non temos consignación orzamentaria para facelo.
Como os orzamentos 2006 aínda non foron presentados polo alcalde, demórase máis e máis a nova iluminación con prexuizo para os usuarios do campo e para Doselco pois as columnas están no lugar e non se poden colocar ata que esté resolto o tama do aumento de potencia.
A ACP denuncia unha vez máis a inoperancia do alcalde e do grupo de goberno que temos xa que levamos sete meses cunha obra adxudicada e sen poder executar por unha total imprevisión. Da a sensación de que o elevado custo do aumento de potencia colleunos por sorpresa. Non esperaban isto e agora non saben como resolvelo.
Pontecesures, 4 de agosto de 2006
Luis Angel Sabariz Rolán. Concelleiro da ACP