[photopress:IMG_9360web.jpg,full,centered]
Penso que non se pode calificar doutra forma o que pasou o sabado 8 en Pontecesures: xuntar ós fundadores do club de baloncesto e darlle unha homenaxe mais que merecida, aproveitando que xa se cumpriron ¡¡¡ 20 anos !!!, ver xuntos de novo a Fuxan, Prieto, Jorge, Bustelo, Carrillo, Miguel Refoxo, Angel Yelis, Melon, Chochis, etc, etc.. arredor de Fernanda, pedro, D. Manolo e D. José Ramón foi a mellor forma de decirlles GRACIAS, o mellor homenaxe, acordándonos que faltaron xente coma Felipe, Miguel Cochinke, Luis «Martelo», José «Panadero» Souto, e algún outro por ahí… Os 4 se levaron ademais unha bonita figura de cerámica que representa a uns xogadores loitando por un rebote… simbolo da unión que debe imperar neste deporte gracias ó seu nexo, que é a pelota naranxa (agora me saiu a «vena» das clases de Hª da Arte).
Tamén recibiron un agradecemento as primeiras empresas que colaboraran co basket:
Hnos. Castro Figueira, Bar Muelle, Librería Sar, Extrugasa e Vimasa, recollendo os representantes das empresas unha figura dun horreo gelego en cerámica.
[photopress:100_3170web.jpg,full,centered]
Quero agradecer (e espero non olvidarme de ninguén) a colaboración de:
Concello de Pontecesures: pola compra das camisetas conmemorativas, e o apoio ó club.
Grupos folcloricos Xarandeira e Algueirada: Polas suas estupendas actuacións que serviron para animar a trade.
Luis Sabariz e Antonio Pedrido: Por arbitrar a estos «cracks» do basket.
As cociñeiras das tortillas ricas ricas ricas (Ana Mari, Isabel e Rosa).
A Beni e Rosa polos seus «Caprichos» (elas entenderán),
A todos os xogadores/as do Club Rio Ulla, que colaboraron no evento (creo que os homenaxeados quedaron «abraiados» polo pasillo que lle fixemos no medio da pista do pabellón).
A Elias e o seu axudante de Porto (Vidal). A megafonia impresionante.
A Chaves (grade) e a Trillolo por ese video que algún día será presentación mundial…
A «Pedrito» Piñeiro pola sua reportaxe de fotos e video-cutres 😉
? público por acudir a pasar a tarde connosco.
Pola miña parte nada mais que decir (diría tantas cousas)… tan só que este acto foi o mellor «triple no último segundo que podía anotar».