Misa por el primer aniversario de Chicha Frojan.

Hoy viernes, a las 19.00 horas en la iglesia parroquial de Santiago de Padrón se celebra la misa por el primer aniversario del fallecimiento de Ramona Amparo Frojan Díaz, Chicha en el entorno familiar y conocido, esposa del colaborador de EL CORREO en Padrón, José Castro Cajaraville. Su esposo y sus hijas Pilar y Sesi, agradecen la asistencia al acto litúrgico.

El Correo Gallego

Carta da Comisión de Festas de Porto.

Hola a todos.

Dende a comisión de festas de San Roque de Porto queremos facer unha aclaración posto que a xente nos está a preguntar continuamente pola festa do ano 2019 e os rumores que corren son moitos.
Logo da reunión mantida ao rematar a festa do ano 2018 por parte dos membros da comisión acordouse que:
Debido aos problemas que superamos durante os últimos anos e que se viron incrementados este último, por parte do actual equipo de goberno do concello de Pontecesures. Decidimos non continuar coa realización moi ao noso pesar da festa de Porto, debido ao abandono da práctica totalidad dos membros da comisión en gran parte por estes motivos. Para nós foi unha decisión moi dura logo de tantos anos de traballo e esforzo por parte dos actuais membros da comisión e dos que o foron ata hay pouco. Empregamos moitas das nosas horas libres en sacar adiante unha das que consideramos máis importantes festas da comarca, algo que se conseguiu froito do traballo de moitos anos. Por parte do actual equipo de goberno non se está a recibir ningún tipo de apoio, pero non só eso senón que o único que se recibe son travas e impedimentos para realizar a festa. Problemas a hora de solicitar e tramitar papeis e intromisión da corporación municipal na organización da festa, querendo estes gobernar a festa ao seu antollo. Levamos moitos anos organizando a festa e non estamos dispostos a que a política se pretenda mezclar en unha festa na que o único fin é facer desfrutar de uns agradables días de festa a xente do pobo e toda a xente de fora que nos acompaña neses días. 
É unha nova moi triste e para nada a levamos a cabo de bo gusto pero vémonos na obriga xa que non vamos a permitir que logo do traballo realizado ao longo de todo un ano se nos intente botar abaixo a nosa festa. Intentouse por parte do concello este último ano e logo de moitos problemas conseguimos sacala adiante pero agora decidimos rendirnos. Todos temos vida privada e familia, e o noso tempo libre adicabámolo de bo gusto a realización das festas pero agora xa chegamos ao punto no que consideramos que estes problemas non nos poden afectar na vida persoal a cada un de nós. Parece ser que o actual goberno do concello non quere que se realice a festa de Porto e así o van conseguir. Moi tristemente comunicamos que este ano 2019 non vay haber festa en Porto. Esperamos que o equipo de goberno rectifique nos seus erros e isto sexa un simple ata pronto e non se perdan unhas festas tan importantes.
Esta nota informativa xa sabemos que vay dar pé a un sin fin de comentarios de todo tipo pero non pretendemos entrar en ningún tipo de guerra co cal decimos de antemán que non vamos responder a ningún tipo de comentario. O fin desta nota e aclarar o que pasou a toda a xente interesada que sabemos que é moita.

Grazas a todos os que apoiaron e fixeron posible a festa durante todo estes anos.

Un saudo.

O Concello que todos gobernaron.

Nun caso inédito, as cinco candidaturas que concorren ás eleccións tiveron a xestión nas súas mans antes ou despois.

Non é doado atopar un caso coma o de Pontecesures. O máis pequeno dos municipios de Arousa conta con cinco candidaturas. Todas elas formaron parte dos últimos gobernos locais, ben coaligadas co BNG na alcaldía, ben cedéndolle o bastón de mando á independente Maribel Castro, ben apoiando a moción de censura que este mandato colocou a Juan Manuel Vidal Seage aos mandos do Concello. Mesmo hai un exemplo, o de Ángel Souto e TeGa, que estiveron en dúas das tres fórmulas. Se Pedro Sánchez precisa afondar na arte da xeometría variable en política, Cesures é unha aula viva na materia.

-Se tivese que adoptar una decisión, unha soa, nada máis tomar posesión, cal sería?

Juan Manuel Vidal Seage (PP). -Ditaría unha providencia da alcaldía para solicitar o reinvestimento do superávit do Concello, elaborando un plan marco de investimentos. Saberiamos onde se teñen que investir os cartos dos cesureños do xeito máis sensato, e sen cortapisas dos políticos que senten no goberno.

Cecilia Tarela (BNG). Aprobar un orzamento, xa que este Concello leva tres anos sen telo. Creo que é a ferramenta máis importante para poñerse a traballar.

Roque Araújo (PSOE). Sen dúbida, reunirme coa plantilla de traballadores do Concello.

Ángel Souto Cordo (TeGa). É unha decisión moi difícil. O máis importante é o servizo á cidadanía e nós temos uns cantos puntos no programa. Se tivésemos que destacar algo, a construción dun centro sociocultural, pola cantidade de asociacións que temos no pobo. Carecemos dun edificio para que poidan desenvolver as súas actividades.

-Un Concello tan pequeno coma este pode sortear as crecentes trabas administrativas, coma a nova Lei de Contratos?

J. M. V. A capacidade dos concellos para superalas é inversamente proporcional ao seu tamaño e composición organizativa. Os grandes consistorios, dotados de oficinas de contratación e equipos técnicos axeitados, teñen moito camiño andado en comparación cos de menor dimensión, que subsisten con escasas plantillas de funcionarios, que a propia lei lles impide ampliar, e con persoal temporal, bolseiros e persoal de plans de emprego.

C. T. Si que pode. Outros concellos con menos persoal que o noso sacan as cousas adiante. Non nos vale que sempre se poña a mesma desculpa cando as cousas non se fan no seu tempo e na súa forma.

R. A. Si, cunha mellor organización do traballo e a colaboración doutras entidades que permitan mellorar a xestión.

A. S. Nos tres últimos anos conseguíronse subvencións por máis de catro millóns de euros, cando o orzamento municipal anda polos dous millóns. O problema é que contratar é cada día máis complicado, e nos concellos pequenos o traballo se multiplicou por catro ou por cinco. A lei mesmo nos impide contratar persoal, e isto provoca un prexuízo importante, non xa á Administración, senón aos veciños. Non discuto que a lei controle a xestión pública, pero non se pode complicar todo cada vez máis. O Goberno central debe solucionalo.

-O tren esmorece en Cesures. Sería preciso potencialo?

J. M. V. O mesmo avance tecnolóxico, responsable da auxe do transporte individual, está detrás do esmorecemento dos transportes públicos, e en concreto dos trens de proximidade, converténdoos nun medio reservado aos románticos. Pontecesures sempre estivo ligado e favorecido polo servizo do tren. Mesmo a primeira liña Cornes-Carril estaba deseñada orixinariamente para rematar en Pontecesures. Criterios de rendibilidade mal entendidos serviron de argumento para deixalo esmorecer. Cómpre deseñar novas alternativas vinculadas a usos complementarios ao transporte regular de pasaxeiros.

C. T. O tren forma parte da nosa vila. Teriamos que ter un servizo de calidade e unhas instalacións ao seu mesmo nivel. Queremos un tren de proximidade á altura do século XXI.

R. A. Indubidablemente. O tren é un medio de transporte ligado á idiosincrasia cesureña. Por historia, por economía, por seguridade e fiabilidade, o transporte ferroviario debe ser mellorado e seguir ligado a este concello.

A. S. Máis que necesario, o tren é imprescindible. Non podemos perder este servizo e por suposto debe ser potenciado.

-A última pregunta é para nota, tendo en conta os antecedentes. Con quen non pactaría nunca?

J. M. V. Teño lido que todo o que se diga sobre pactos antes da noite electoral caduca en canto se pecha o escrutinio dos votos. Tamén é paradigmática a frase de ‘‘dime quen votas e direiche con quen pactas’’. No meu caso supoño que é unha cuestión de principios. Pactos que supoñan que o total sexa maior que a suma das partes e redunden no interese xeral e no beneficio dos cidadáns sempre serán viables. Non entanto, sempre haberá que distinguir os pactos por necesidade dos pactos por elección.

C. T. O BNG espera acadar a maioría suficiente para desenvolver o seu proxecto sen ataduras. O resto xa se verá logo do 26M.

R. A. Evidentemente, con aquel grupo político que non comparta unha grande parte do noso programa e que antepoña intereses persoais por riba dos xerais.

A. S. Creo que das poucas cousas que se aprenden en política é que cando se sae, hai que saír a gañar, sen facer ningún tipo de especulación. Nós aspiramos á alcaldía e a poder gobernar, sen entrar no debate sobre os pactos. Despois, en función do que xurda, xa se falará.

Cuestións familiares impediron a Castro responder o cuestionario.

La Voz de Galicia