Festas do Carme 2012 en Pontecesures.

Sábado 30 de xuño.

-Pola mañá disparo de foguetes anunciando a festa e ruada a cargo do grupo Algueirada de Pontecesures.
-Ás 9:30 horas partirá da Plazuela a 1ª Andaina Solidaria.
-Ás 10:00 horas disputarase no campo Ramón Diéguez o 1º Trofeo Peña Barcelonista Bella Otero que ten a sede na Charca (Valga) e Concello de Pontecesures de fútbol sete.
-A partires das 11:00 horas comezará no peirao o Ghaitellón organizado pola A.C. Xarandeira, 1ª xuntanza 24 horas de músicas tradicionais.
-Ás 22:00 horas na Plazuela, proxección de «Pontecesures unha ollada cara atrás» organizada polo Faiado da Memoria.

Domingo, 1 de xullo.

-Pola mañá disparo de foguetes anunciando a festa e ruada a cargo da Banda de Música Cultural de Arcade.
-Ás 13:00 horas, concerto da anterior banda de música.
-Ás 18:00 horas, tradicional Desfile Valeiro
-Ás 18:30 horas, Misa Cantada pola Coral Polifónica de Pontecesures.
-De seguido, sairá a Procesión do Carme.
-Ao remate, concerto da Banda de Música Cultural de Arcade na Plazuela.
-Ás 22:00 horas, verbena coas orquestras América e Trébol.

Luns, 2 de xullo.

-Pola mañá disparo de foguetes anunciando a festa e ruada a cargo do grupo Xarandeira de Pontecesures.
-Ás 12:00 horas, Misa Cantada pola coral de A Barcarola na honra do Santo Antón.
-Ás 13:00 horas, actuación do grupo Xarandeira na Plazuela.
-As 16:00 horas, festa infantil con inchables, obradoiros para nenos, festa da escuma, etc…
-Ás 20:00 horas, actuación do grupo Algueirada na Plazuela.
-Ás 21:00 horas, V Festa do Churro na que participarán as seguintes churrerías: Isolina, Chocolatería Sandra, Jamardo, Marisú, Lucy, Chocolatería Fina, Chocolatería artesana Patri, Benedicta, Neli Mambís e La Cesureña. Estará amenizada polo trío Soprano.

ACTUACION DA CORAL POLIF?NICA DA BARCAROLA ESTE SABADO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.

A Coral da Asocicación A Barcarola vai participar este sábado día 2 nun Festival de Corais que se vai celebrar no Centro Cultural de Fontiñas, en Santiago de Compostela, a partir das 2o.30 h. Ademais da Coral da Barcarola, participarán outras 3 corais:

Coral Polifónica «Santa Mariña» de Muros.

Coral Polifónica «Cantigas e Agarimos», de Santiago de Compostela.

Coral Polifónica «Castrosua», de Santiago de Compostela.