Cunha misa solemne, cantada polo coro “A Barcarola” de Pontecesures, e que terá lugar ás 18:00 horas, celebrarase hoxe na Igrexa Parroquial a Festa do Sagrado Corazón de Xesús.
Celebracións do Pilar, en San Xulián, o día 12 de outubro.
O domingo día 12 de outubro terá lugar esta celebración organizada pola Asociación de Veciños de San Xulián.
A alborada correrá a cargo das pandereteiras da Asociación Cultural Xarandeira de Pontecesures.
Ás 13:00 horas terá lugar a Misa Solemne na capela do lugar, oficiada polo párroco de Pontecesures, D. Arturo Lores Santamaría e cantada polo Coro de “A Barcarola”.
A continuación sairá a procesión coa imaxe da Virxe do Pilar pola rúa deste nome.
Rematada a procesión actuará o grupo folclórico “Xarandeira” de Pontecesures.
Lémbrase que dende o día 3 de outubro ata o día 11, ás 19:00 horas, estase a celebrar a misa e a novena na Capela do Pilar de San Xulián.
Actividades de “A Barcarola”.
Esta asociación de amas de casa anuncia o comezo dun curso de repostería caseira os mércores ás 20:00 horas que será impartido pola profesora Isaura (Panadería Gerardo).
O curso de “Arte nas túas mans” terá lugar os venres ás 20:00 horas. O de pintura ó óleo será os mércores ás 19:00 horas. O de guitarrá terá lugar os xoves ás 19:00 horas. Por último, o de teatro terá lugar os luns ás 21:00 horas.
As actividades levaranse a cabo no Centro Social e no edificio do Club Xuvenil e comezan en outubro. Máis información en Mercería Carmen ou no teléfono 629-065555.
El colectivo A Barcarola inicia en octubre sus actividades culturales.
La asociación de amas de casa A Barcarola, de Pontecesures, comenzará en octubre una nueva temporada de actividades, entre las que destaca como gran novedad un curso de repostería casera. Se mantienen además guitarra, pintura al óleo manualidades coro y teatro, clases que serán impartidas todas por profesionales. Los interesados en participar pueden llamar al número de teléfono 629 06 55 55 o acudir a la Mercería Carmen, ubicada en Pontecesures.
DIARIO DE AROUSA, 16/09/08
O día 13 de setembro, festival de canto e música relixiosa na Igrexa.
O sábado día 13 de setembro, ás 20:00 horas terá lugar na Igrexa Parroquial de Pontecesures este festival que contará coas seguintes actuacións:
-Coro Infantil de Vilanova de Arousa.
-Coro de Carcacía.
-Grupo Amistad de Santiago de Compostela.
-Coro Infantil de Herbogo.
-Coro da Escravitude.
-Felisa (solista).
-Coro “A Barcarola” de Pontecesures.
Moito público onte no Centro Social para mirar o teatro.
Dirixidas por Magdalena García o grupo de teatro da Barcarola representou a divertida comedia “Repouso absoluto”. Moitos foron os aplausos recibidos polas actrices Merchi Fernández, Carmen Llerena, Estrella Fernández, Nati Somoza, Cris Mariño, Mª Elena Vidal, Conchi Castro, Lola Barreiro e Otilia Portas.
Noraboa a todas e á directora.