Despois de que non asistira moita xente á degustación do chocolate con churros nas festas de Carreiras (todo un clásico das festas de inverno da zona) da derradeira edición, para este ano 2010 volverase a servir o chocolate con churros o sábado durante a verbena seguindo a tradición. A verdade é que nas noites de frío do inverno, o chocolate quentiño con churros fai entrar en calor a calquera.
Improvisado concerto de acordeón onte en Carreiras.
Onte, 18 de decembro, na “Casa da Serrana” de Carreiras, edificio que está a ser arranxado por Salvador o da tenda, houbo unha cea veciñal á que asistiron unhas coarenta persoas que degustaron empanadas e churrasco. Amenizou a velada, co acordeón, Jaime Moreiras Besada, veciño de A Toxa, que interpretou un amplo repertorio de pezas tradicionais.
Jaime, que foi moitos anos garda municipal de Pontecesures, empleouse a fondo sen síntomas de cansancio (xa ten 81 anos de idade) rematando a festa cando xa pasaba das tres da madrugada. Foi moi aplaudido polos veciños que xa están a organizar unha homenaxe ao acordeonista para a primaveira próxima.
Dase a circunstancia que o pai de Jaime, Chico, que tamén era acordeonista, tocou no mesmo lugar nos seus anos mozos, cando os veciños de Carreiras e A Toxa se reunían alí para bailes e festas.
Medio Rural adxudicou as obras do PEIM 2009 en Pontecesures.
O adxudicatario das tres obras foi “Transportes y Maquinaria C.P.” de A Estrada.
As actuacións son as seguintes:
-Ancheamento nun tramo da rúa Carlos Maside. Importe: 10.099,93 euros
-Acondicionamento no cauce do regato da Chancela. Importe: 35.968,47 euros
-Mellora do firme e saneamento nos Martingos (Carreiras). Importe: 14.576,56 euros.
As obras comezarán nos vindeiros días.
O Concello de Pontecesures recibe unha subvención para sufragar os danos do último temporal.
A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, ven de comunicar ao Concello de Pontecesures, logo da solicitude tramitada por esta institución, a concesión dunha subvención de 1.416,17 euros, ao abeiro da Orde do 2 de febreiro de 2009 que regulou as axudas por danos provocados polo temporal en infraestruturas eléctricas de titularidade municipal.
Deste xeito, a administración autonómica concede unha subvención pola totalidade dos danos causados na noite do 23 de xaneiro de 2009. Houbo liñas e cadros danados na rúa Ullán, en Carreiras, na rúa Mimosas na pista do Regadio e outras. Incluso un eucalipto derrubou unha liña en Grobas ao caer por mor dos fortísimos ventos daquela noite. As reparacións xa foron realizadas no seu día e agora recibese con satisfacción a nova da concesión da subvención.
Socorro Frois García.
Coñecida veciña de Pontecesures, e nai de Marián (Electrodomésticos Frois). Leva toda a súa vida mostrando a través dos seus cadros anacos das súas vivenzas, dende o maís familiar ata as paisaxes máis fermosas da súa terra. Sen ningún tipo de mestre nen estudos nesta arte, nacida o 3 de xuño de 1929, viúva, con 5 fillos e 8 netos, esta artista cesureña, adicaba xa dende moi xove un ratiño ás súas láminas, entre coidado e coidado aos seus fillos, esposo, pais e casa.
O que realmente mostran as súas flores, animais e paisaxes, non son só historias do cotiá senón que todo xira entorno á verdadeira felicidade.
Traballos expostos:
1.O Galo (70X51)
2.Bodega (64X74)
3.Cruceiro de Carreiras (51X41)
4.Igrexa de San Xulián (60X42)
5.Torres do Oeste (52X65)
REVISTA DA ARTE MOSTRA DE PADR?N.
