Cine en la calle con “X Men: la decisión final” en el parque de Carreiras.

El parque infantil de Carreiras, en el municipio de Pontecesures, albergará mañana, a las 22.00 horas, la película X Men 3: La decisión final. Este filme de ciencia ficción, con gran cantidad de efectos especiales, pertenece a la iniciativa de cine al aire libre incluida en la programación de actividades culturales para este verano .

EL CORREO GALLEGO, 11/08/07

Os gaiteiros Eric Torres Naveira e Adriana Rivas Seijo, premiados no concurso “Xiradela” celebrado onte en Arteixo.

No apartado de gaiteiros solistas os dous integrantes do grupo “Algueirada” da ANPA do CPI Pontecesures obtiveron un premio. Eric, veciño de Carreiras, obtivo o segundo premio, mentres que Adriana, veciña da rúa Victor García, obtivo o terceiro premio. En cuartetos, a representación de Alqueirada tamén tivo unha gran actuación aínda que non obtiveron premio.
Quérolle trasladar a noraboa aos catro gaiteiros, que tan ben nos representaron no concurso, cunha mención especial ao monitor Miguel Castaño que traballou dabondo nos ensaios dos derradeiros días.

LUIS ANGEL SABARIZ ROLAN
PRESIDENTE DA ANPA

A cesureña Beatriz Porrúa dá o salto ó teatro coa obra infantil ‘Tarará Chis-Pum’

A cantante cesureña Beatriz Porrúa que dera o slto á popularidade en 2003 debido a súa participación no programa musical da televisión “Operación Triunfo”, decidiu cambiar momentaneamente o micrófono pola escea e debutar este fin de semana en Vigo como actriz de teatro formando parte do elenco da obra “Tarará Chis-Pum”, producida polo Centro Dramático Galego e que nos vindeiros meses percorrerá boa parte de Galicia, chegando incluso a outros puntos de España coma a cidade asturiana de Xixón.

(máis…)

Apoio ao novo campo das festas en Cesures.

A comisión de festas da Raíña dos Anxos do lugar de Carreiras (Pontecesures) expresa o seu apoio ao cambio de lugar do campo de festas, ao lado da pista da Barosa. que “se realizou ao noso entender con bo criterio”. A comisión agradece o apoio recibido por parte do Concello para a ampliación do campo da festa e a contratación dunha charanga e deixa patente que non comparte “para nada” as críticas vertidas en relación dos traballos que realizou o Concello para acondicionar o terreo “esperando que de cara ao futuro se amplíe aínda máis en aras a mellorar a festa”.

LA VOZ DE GALICIA 20/01/07