Inés Crespo Moure e Concepción Rodriguez García contratadas coma limpadoras do concello.

O Concello de Pontecesures fixo a selección de dúas limpadoras por seis meses, con contrato por 25 horas á semana. O tribunal estivo composto por Ricardo Campos Saborido, Xurxo Gerpe Jamardo e José Francisco Rodríguez Fructuoso.

Puntuacións da entrevista:

IN?S CRESPO MOURE 10
CONCEPCI?N RODRÍGUEZ GARCÍA 8,50
Pilar Domínguez Dacosta 7,50
Mª Carmen Pérez Bandín 6
Ángela Rodríguez vázquez 5
Delfina Pardal Pardal 5
Rosa Mª Rey Castiñeiras 4
Avelina Cordo Carril 4

MANIFESTO DO CONCELLO DE PONTECESURES POLO DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE X?NERO

 

O Concello de Pontecesures, en representación de toda a súa veciñanza, condena nesta declaración calquera tipo de violencia contra a muller, sen admitir ningún tipo de xustificación e expresando a maior das repulsas.

A violencia de xénero é unha lacra mundial. Un atentado contra os dereitos humanos e a dignidade das persoas, que impide á sociedade avanzar polo camiño do progreso social e o benestar.

A loita contra a violencia de xénero non entende de recortes. A loita contra a violencia de xénero supón un dos obxectivos que todo Goberno debe ter como prioritario e fundamental á hora de deseñar as súas políticas, impulsando leis e políticas activas en prol da igualdade e contra todo tipo de discriminación.

Porque a erradicación desta violencia, tanto física como sicolóxica, rematará cunha das máis duras e graves lacras da sociedade actual: a da violencia que exerce o home sobre a muller e, en moitos casos, sobre as e os seus fillos. Unha discriminación que na súa máxima expresión violenta chega a provocar a morte da muller a mans da súa parella ou ex parella.

Merece especial mención polo seu impacto na loita contra a violencia de xénero é o da prevención. Activar e desenvolver políticas dirixidas a evitar este tipo de violencia, sobre todo naqueles ámbitos nos que existe unha maior vulnerabilidade como a mocidade ??os datos falan dun alarmante incremento da violencia nas etapas da adolescencia e da etapa universitaria- ou o entorno rural, debe converterse nun obxectivo prioritario á hora de poñer freo a uns datos arrepiantes.

A loita contra a violencia de xénero é unha tarefa común. Só a través dunha responsabilidade compartida entre a cidadanía e os poderes públicos, poderemos erradicar definitivamente esta terrible lacra social.

Por todo elo:

Desde o Concello de Pontecesures asumimos o compromiso de loitar contra todo tipo de violencia, denunciando as agresións, apoiando ás vítimas, sen calar ante a violencia e sementando nas xeracións futuras o respeito entre homes e mulleres.

Co desexo de que no futuro no haxa motivo algún para conmemorar o día 25 de novembro como o Día Internacional da Loita contra a Violencia de Xénero, asinamos este Manifesto, facendo constar o noso compromiso social con esta loita contra calquera acto que atente contra a integridade e a dignidade da muller.

Reclaman a Carreteras nuevos giros en la N-550 a su paso por Padrón.

La medida tiene por objeto dar acceso a los vecinos y evitar rodeos // Fomento corrige varios errores de pintado en puntos del vial, a petición del Concello

El Concello de Padrón, a través de la área de Tráfico que dirige el galleguista Ángel Rodríguez Conde, solicita a la Demarcación de Carreteras nuevos giros en varios puntos de entrada y salida a núcleos de población situados a lo largo de la N-550 a su paso por el municipio. Rodríguez Conde mantiene que dichos giros no ocasionarían problemas de seguridad vial y contribuirían a dar un servicio a los vecinos, que ahora, bien se ven obligados a dar grandes rodeos para entrar en sus aldeas, bien a soportar el colapso de tráfico que sufren algunos puntos de la travesía urbana.

Entre los puntos propuestos se encuentran el situado en el kilómetro 79,5, en el lugar de Rueiro. Ahí está permitida la salida, pero no la entrada al núcleo, por lo que los conductores deben desplazarse hasta la rotonda de Lampai, sita varios kilómetros más abajo, “con el consiguiente aumento de la circulación en la misma”, indica el edil, quien pide que se autorice el acceso en sentido Padrón-Santiago.

El Correo Gallego

Seleccionados seis peóns de obras públicas subvencionados pola Deputación.

O xoves pasado tivo lugar a entrevista na Casa do Concello de P=ontecesures ante un tribunal formado por Ricardo Campos Saborido, Xurxo Gerpe Jamardo e José Francisco Rodríguez Fructuoso.

As puntuacións foron, de maior a menor, as seguintes:

Juan Carlos Romero Susavila, 10
Luis Sanchez López, 9
José ángel Quintáns Blanco, 8,50
Carmelo Pardal Moure, 7
Manuel Freiría Barreiro, 6,50
Beatriz Lamas Blanco, 6,25
Mª Dolores Moreiras Angueira, 5,50
Susana Antonia Roldán de Rey, 5
Mª Elena Lorenzo Jamardo, 4
Josefa Barreiro Pesado, 3,50
Enma Jamardo Castro, 3

Foron seleccionados os seis mellor puntuados da relación. Os contratos, subvencionados íntegramente pola Deputación Provincial de Pontevedra, son por 6 meses con xornada de 25 horas semanais. Percibirán uns 500 euros brutos, que é o salario mínimo interprofesional na proporción do tempo parcial apuntado.

O luns 25 de novembro, pleno ordinario en Pontecesures.

Será ás 20:30 horas no Salón de Sesións da Casa do Concello, coa seguinte Orde do Día:

1. Acta anterior.
2. Moción da ACP sobre adhesión do Concello de Pontecesures ao Convenio Marco de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e as entidades locais da provincia para o establecemento dun servizo de acollida de animais de compañía abandonados.
3. Moción do grupo do BNG e do PSdeG-PSOE contra a impunidade da marea negra do “Prestige” e a prol da transferencia de competencias marítimas á Xunta de Galicia.
4. Moción do grupo de goberno do Concello de Pontecesures para rexeitar o novo repago para fármacos que se dispensan non hospitais de maneira ambulatoria.
5. Moción conxunta dos grupos BNG, PSdeG-PSOE e TeGa do Concello de Pontecesures sobre a reprobación do concelleiro electo da ACP, D. Luis Ángel Sabariz Rolán.
6. Resolución da alcaldía. Dar conta.
7. Informes da presidencia.
8. Rogos e preguntas.

ACTIVIDADES FORMATIVAS PARA PERSOAS ADULTAS CURSO 2013/2014 EN PONTECESURES

Educación Secundaria para persoas Adultas -ESA

  • Clases presenciais de preparación para a obtención do título oficial ESO.
  • Preparación para as probas libres de maio e setembro.

Infórmase que está aberto o prazo de inscrición para as actividades formativas para adultos, consistentes en clases presenciais de preparación para a obtención do título oficial de Educación Secundaria para persoas Adultas ??ESA- ao que poden incorporarse todas aquelas persoas, maiores de 18 anos, que queiran concorrer ás probas oficiais para obter o título de Graduado en Secundaria, Curso 2013/2014, e tamén as clases de preparación para as probas libres de maio e setembro (que permiten obter a ESO nun único exame tipo test).

As clases realízanse en horario de tarde-noite.

Para máis información poden dirixirse á AULA de Educación de Persoas Adultas no CPI INFESTA (R/ Avelino Pousa Antelo, s/n), de luns a xoves de 19 a 21 horas, ou no Servizo Social Comunitario deste concello os luns, martes e venres de 9 a 13.30 horas.