O BNG leva ao Congreso e ao Senado a súa demanda contra o ERE de Nestlé en Pontecesures
O Bloque Nacionalista Galego presentou iniciativas parlamentarias no Congreso dos Deputados e no Senado para que o Ministerio de Traballo interveña de maneira activa fronte ao ERE de Nestlé.
O plan da compañía contempla a supresión de 301 postos de traballo en todo o Estado, dos cales 27 corresponden á planta de Pontecesures, que conta cunha plantilla de 198 persoas. O BNG esixe do Goberno central explicacións urxentes e actuacións contundentes ante o que cualifican como un recorte “inxustificable e inaceptable”.
A factoría de Pontecesures ten un carácter estratéxico singular: é o único centro produtivo do Estado especializado en leite condensado e destina aproximadamente o 70% da súa produción á exportación. O BNG denunciou que a empresa ten previsto activar o ERE xusto no período de maior actividade produtiva, entre marzo e outubro.
Fonte: Galicia Confidencial
0 comentarios