Pontecesures mobilízase o sábado contra os despedimentos en Nestlé

Publicado por Plumilla o

Os traballadores da contorna de Pontecesures manifestan o seu apoio e solidariedade cos traballadores de Nestlé na súa loita por preservar o emprego e a actividade.

A través da cartelería que distribuíron, instan aos traballadores das empresas da contorna e á cidadanía en xeral a participar na manifestación que terá lugar este sábado, día 16, en Pontecesures ás 12.00 horas contra os despedimentos en Nestlé.

A multinacional anunciou un Expediente de Regulación de Empleo (ERE) polo que prevé despedir a un total de 301 empregados, dos que 27 pertencen á factoría en Galicia.

Fonte: El Correo Gallego

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.