Festas do Carme 2012 en Pontecesures.

Sábado 30 de xuño.

-Pola mañá disparo de foguetes anunciando a festa e ruada a cargo do grupo Algueirada de Pontecesures.
-Ás 9:30 horas partirá da Plazuela a 1ª Andaina Solidaria.
-Ás 10:00 horas disputarase no campo Ramón Diéguez o 1º Trofeo Peña Barcelonista Bella Otero que ten a sede na Charca (Valga) e Concello de Pontecesures de fútbol sete.
-A partires das 11:00 horas comezará no peirao o Ghaitellón organizado pola A.C. Xarandeira, 1ª xuntanza 24 horas de músicas tradicionais.
-Ás 22:00 horas na Plazuela, proxección de «Pontecesures unha ollada cara atrás» organizada polo Faiado da Memoria.

Domingo, 1 de xullo.

-Pola mañá disparo de foguetes anunciando a festa e ruada a cargo da Banda de Música Cultural de Arcade.
-Ás 13:00 horas, concerto da anterior banda de música.
-Ás 18:00 horas, tradicional Desfile Valeiro
-Ás 18:30 horas, Misa Cantada pola Coral Polifónica de Pontecesures.
-De seguido, sairá a Procesión do Carme.
-Ao remate, concerto da Banda de Música Cultural de Arcade na Plazuela.
-Ás 22:00 horas, verbena coas orquestras América e Trébol.

Luns, 2 de xullo.

-Pola mañá disparo de foguetes anunciando a festa e ruada a cargo do grupo Xarandeira de Pontecesures.
-Ás 12:00 horas, Misa Cantada pola coral de A Barcarola na honra do Santo Antón.
-Ás 13:00 horas, actuación do grupo Xarandeira na Plazuela.
-As 16:00 horas, festa infantil con inchables, obradoiros para nenos, festa da escuma, etc…
-Ás 20:00 horas, actuación do grupo Algueirada na Plazuela.
-Ás 21:00 horas, V Festa do Churro na que participarán as seguintes churrerías: Isolina, Chocolatería Sandra, Jamardo, Marisú, Lucy, Chocolatería Fina, Chocolatería artesana Patri, Benedicta, Neli Mambís e La Cesureña. Estará amenizada polo trío Soprano.

Festas en San Miguel de Valga os días 5 e 6 de maio.

SÁBADO, 5 DE MAIO. Festa na honra da virxe do Carme.
-Pola mañá gran tirada de fogos de artificio e pasarrúas coa charanga O Santiaguiño.
-Ás 13 horas, Misa Solemne.
-De seguido, sesión vermouth, coa charanga O Santiaguiño.
-Pola noite, gran verbena con GRAN PARADA e SAMBA.

DOMINGO, 6 DE MAIO. Festa no honra de San Miguel.
-Pola mañá, gran tirada de fogos de artificio e pasarrúas coa charanga O Santiaguiño.
-Ás 13 horas, Misa Solemne.
-De seguido, sesión vermouth, coa charanga O Santiaguiño.
-Ás 17 horas, xogos para nenos (PEKEXOGOS), inchables, B. Esponja, casa Piolín, circuíto de karts, touro mecánico, karaoke, globos, piruletas, música ambiente, etc…
-Ás 20 horas, concerto da Banda Municipal de Valga.

Traballos semanais realizados pola brigada de obras do Concello de Pontecesures.

Nesta semana a brigada de obras do Concello realizou as seguintes tarefas:

1) Limpeza e desbroce na zona do peirao,  no caleixón paralelo á rúa Patifas, na rúa Víctor García, na rúa Agro do Muíño,  nos xardíns da E.D.A.R.,  no parque infantil Vicente Moure e na senda verde de acceso ó colexio entre o paso elevado e o «Miradoiro do Pino Manso».

2) Colocación dunha caixa de contadores no depósito de bombeo da Barca.

3) Recollida do palco prestado ó Concello de Padrón con motivo do concerto benéfico en favor de Paula.

4) Reparación das avarías de augas na rúa Redondo e na rúa do Campo.

5) Colocación de plaqueta e azulexos, construción e encintado dun tabique no comedor escolar.

6) Descobrir e conectar tuberías para conexión de auga sanitaria e construción de arquetas na zona da Tarroeira.

7) Pintado das varandas do pavillón polideportivo.