Festas en San Miguel de Valga 2010.

Sábado 1 de maio. Festa na honra da Virxe do Carme.
-Ás 13 horas, Misa Solemne e ao rematar sesión vermouth a cargo da charanga «O Santiaguiño».
-Pola noite verbena con actuación das orquestras Sintonía de Viigo e Versalles de A Coruña.

Domingo, 2 de maio. Festa de San Miguel.
-Ás 12 hoas, concerto da Banda de Música de Valga.
-Ás 13 horas, Misa solemne e ao rematar sesión vermouth amenizada pola Banda de Música de Valga.
-Ás 16:30 horas, xogos a cargo de PEKEXOGO con inchables, futbolín humno, touro mecánico e demais xogos.
-ás 19:30 horas, actuación do grupo de gaitas e danzas de Valga.
-Pola noite verbena co grupo Limón.

Haberá carpa.

Actividades do Xacobeo en Pontecesures para os próximos días.

Conferencia: O Camiño Xacobeo por Mar. Ruta Xacobea Ría de Arousa. O venres 16 de abril ás 20.00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello. Intervirá Celestino Lores Rosal, Presidente da Fundación Camiño de Santiago.

Exposición: O Camiño Xacobeo por Mar. Ruta Xacobea Ría de Arousa. Dende o venres 16 de abril ata o xoves 22, aberta de 19.00 ata ás 21.00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello.

Concerto: Música Clásica: Trío de corda con oboe. A cargo de membros da Real Filarmonia. O sábado 17 de abril ás 21.00 horas na Igrexa parroquial.

Unha pequena historia de jazz en Valga.

Fomentar a audición e consciente de obras musicais como fonte de enriquecemento cultural e pracer persoal, coñecer os distintos timbres e instrumentos na audición e desenvolver a capacidade de análise de obras musicais e coñecer os distintos estilos de música que toca a Big Band, son os obxectivos dos concertos didácticos organizados pola Escola de Música Municipal de Valga, aos que asistiron preto de 400 alumnos de ESO das comarcas Ulla-Umia, Sar e Pontevedra (CPI Alfonso VII de Caldas, IES Valga, CPI Domingo Fontán de Portas, CPI Pontecesures, CPI Santa Lucía de Moraña, IES Macías o Namorado de Padrón e IES Xunqueira II de Pontevedra).
A obra, presentada pola big band, dirixida pro Manuel Touceda, foi o conto «Unha pequena historia de jazz», «que nos leva por todo o universo de timbres, formas, e cores musicais», subliñou o director.
Neste conto englóbanse oito pezas diferentes (Tj’s boggie, In a sentimental mood, Strike up de band, Fly me to the moon, How high the moon, Summertime, Feeling the funky e Caborojeno) que fixeron as ledicias dos estudantes que acudiron á audición en dúas sesións.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 14/04/10

? Pascua en Padrón.

A capital do Sar espera con cara de festa a milleiros de visitantes cos que compartir dúas semanas moi sinaladas. Istes días os servizos municipais esmeraronse ata pouco menos que sacar brillo ás pedras das vellas rúas padronesas. A Semana Santa se vive en Padrón con solemnidade, para xa chegado o domingo da Pascua de Resurrección dar renda solta a explosión de xolda e ledicia polos catro costados. Antes, o sábado, será o pregón, por segundo ano consecutivo dun padronés, nesta ocasión de Xosé Carlos Carballido, residente en Pontevedra onde exerce como catedrático no Instituto Torrente Ballester, sendo asemade secretario da Irmandade Fillos de Padrón.

Mais a Pascua en Padrón, se ben tivo o seu fundamento dende tempos ancestrais na feira cabalar, foi asumindo unha serie de atractivos máis que a converteron na festa mais completa da bisbarra e unha das mais destadacas e de maior poder de atracción de visitantes do resto de Galicia.

Feira de cabalos, novilladas taurinas, feira de maquinaria agrícola e industrial, actos culturais, concertos, exposicións diversas, fútbol, boxeo e outras competicións deportivas e unha gastronomía que dende o típico polbo a feira , a lamprea do Ulla, o cabrito pascual e outras variedades culinarias completan coas imnumerables atraccións a todo o longo e ancho do feiral do Souto e rededores un programa do que nenguen se quedará ao marxe para dalgunha maneira disfrutar e que aínda ten ó domingo seguinte da Pascuiña unha xoia final moi emotiva cos actos adicados aos Fillos e Amigos de Padrón.

José Castro Cajaraville. TIERRAS DE SANTIAGO, 30/03/10