Contestación ao BNG de Pontecesures sobre o uso da pick-up de emerxencias.

Critican os nacionalistas cesureños o uso do vehículo municipal para tarefas de obras, e que se lle priva o uso ao servizo de protección civil, engadindo que van dar conta disto á Xunta de Galicia.

Temos que dicir, que nestes días estase a utilizar dito vehículo por persoal municipal para baldear as pistas que van ser pavimentadas con maquinaria da Deputación Provincial que chegou a Pontecesures para botar novos firmes nunha pista variante do Camiño de Regadio de Condide, noutra que une Condide con Carreiras polo Couto, nunha terceira na rúa Cantillo de San Xulián e tamén noutra zona do Souto, en Porto.

O convenio asinado no seu día por eeste concello para a adquisición do vehículo municipal (A Xunta fíxose cargo do 75% do custo, mentres o concello achegou o restante 25%) para nada impide estes usos de baldeo, por suposto dándolle preferencia en caso de coincidencia horario a un sinistro, de producirse.

Naturalmente, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil ten unha preferencia absoluta para o uso, e teñen a chave do vehículo, que está no soto da Casa do Concello, no seu poder.

Sería unha insensatez e un despilfarro ter un vehículo parado nun garaxe que é apto para baldear unhas rúas que precisan unha actuación, (non habendo sinistros ou risco de producirse), e en lugar de utilizado, alugar maquinaria prexudicando á facenda municipal. Ninguén nos pode acusar de non defender os intereses públicos.

Hai ben pouco o BNG criticaba precisamente que o vehículo era coma unha pantasma, que non o vía ninguén. Agora que saiu para este cometido, tampouco lles convence. En fin xa non saben que facer para deixarse notar protestando contra todo o que se move.

En fin; fuximos de polémicas, pois o verdaderamente importante son dúas cousas:

1. Este goberno local foi o que xestionou a subvención, e conqueriu, mal que lle pese ao BNG, un vehículo para emerxencias que non tiña Pontecesures.

2. Tamén este goberno xestionou que a Deputación Provincial acometa, coa colaboración de persoal municipal, que se pavimenten pistas que estaban deficientes. Haberá máis seguridade para vehículos e peóns. Se ademais participa, aínda que minimamente, nestas tarefas o noso vehículo de seguridade, pois mellor que mellor.

O concelleiro de relacións institucionais
Luis Ángel Sabariz Rolán

El BNG de Pontecesures critica que el coche de emergencias se utilice para obras.

Insiste en que Protección Civil «ten vetado o uso» y el gobierno tripartito lo desmiente.

El uso que el concello hace del vehículo de emergencias, que durante esta semana realizó tareas de obras, vuelve a ser criticado por el BNG, que indica que «esa non é a finalidade para a que se concebiu esa pick-up». Los nacionalkistas ya habían denunciado hace unas semanas que en dos incendios que se produjeron en el municipio no intervino ese vehículo.
El grupo municipal del BNG sostiene que eso se debió a que «non estaba posto a disposición de Protección Civil», de ahí que tuviesen que actuar en aquellos operativos la motobomba y la pick-up del Concello de Padrón. El Bloque insiste ahora en ese argumento al asegurar que «temos constancia de que Protección civil ten practicamente vetado o uso» del vehíuclo de emergencias.
La formación nacionalista exige al gobierno local que la pick-up «sexa cedida en uso aos voluntarios de Protección Civil para que estea dispoñible para emerxencias» e insta a la Xunta de Galicia, que subvencionó la adquisición del camión, a que controle «a correcta utilización destes medios».
Estas manifestaciones del BNG han encontrado respuesta en uno de los integrantes del tripartito, el concejal Luis Sabariz, que argumenta que «Protección Civil ten unha preferencia absoluta para o uso» de la pick-up, «e teñen a chave do vehículo, que está no soto da Casa do Concello, no seu poder».
Explica que el vehículo fue utilizado esta semana por personal municipal para baldear las pistas que van a ser pavimentadas con maquinaria de la Diputación (una variante del Camiño do Regadío de Condide, un vial entre Condide y Carreiras que discurre por O Couto, y dos pistas en San Xuiián y Porto). Estos trabajos que ejecutará la Diputación darán «máis seguridade para vehículos e peóns e, se participa, aínda que sexa minimamente, nestas tarefas o noso vehículo de seguridade, mellor que mellor», comenta Sabariz, que además sostiene que el convenio que el concello y la Xunta firmaron para adquirir la pick-up «para nada impide estos trabajos de baldeo, por suposto dándolle preferencia, en caso de coincidencia de horario, aun sinistro que poida producirse».
En este sentido, Luis Sabariz garantizza que la agrupación de voluntarios de Protección Civil «ten unha preferencia absoluta para o uso» del vehículo de emergencias, pero defiende su utilización para otras tareas ya que «sería unha insensatez e un despilfarro ter un vehículo parado nun garaxe que é apto para baldear unhas rúas que precisan unha actuación, non habendo sinistro ou risco de producirse». Además, comenta que, si en lugar de utilizarlo, se optase por alquilar maquinaria se estaría «prexudicando á facenda municipal. Ninguén nos pode acusar de non defender os intereses públicos», dice.
Por otra parte, el concejal no adscrito detecta cierta incoherencia en las manifestaciones del BNG ya que «hai ben pouco cirticaba que o vehículo era coma unha pantasma, que non o vía ninguén. Agora que saiu para este cometido tampouco lles convence» por lo que concluye que «xa non saben que facer para deixarse notar protestando contra todo o que se move». Sabariz Rolán cree que lo verdaderamente importante es que «este goberno conqueriu, mal que lle pese ao BNG, un vehículo para emerxencias que non tiña Pontecesures»

La idea del albergue disgusta al BNG, que prefiere un Centro de Día en las casas de los maestros de Pontecesures.

El BNG de Pontecesures se muestra contrario a convertir las antiguas casas de los profesores en un albergue para peregrinos, sino que prefiere que estos inmuebles se aprovechen para crear un Centro de Día que dé servicio a los mayores del municipio. Incluso ha puesto en marcha una encuesta ciudadana en su página web para que los ciudadanos puedan pronunciarse sobre que alternativa les gusta más. En la tarde de ayer el resultado era de empate, puesto que tres internautas habían votado a favor del albergue y otros tres del Centro de Día.
Los nacionalistas consideran que el emplazamiento, junto al colegio y la guardería, es idóneo para el centro de mayores y apuntan que un albergue ??non é prioritario hoxe por hoxe para Pontecesures e ese investimento poderíase empregar para recuperar o Camiño de Santiago en zonas abandonadas como Condide, Couto, Carreiras ou Infesta?.

El Bloque critica la ??falta de ideas e proxectos de futuro para o noso pobo? del gobierno local , ??esquecendo totalmente aos nosos maiores? y le reclama que ??recapaciten a súa decisión e que prioricen os investimentos segundo as necesidades do noso concello, apostando por infraestructuras para disfrute e servizo dos nosos veciños?.

Estas críticas del BNG recibieron respuesta del equipo de gobierno por boca del concejal de Relacións Institucionais, Luis Sabariz, quien sostiene que, ??segundo as consultas técnicas realizadas, o espazo das vivendas resulta escaso? para un Centro de Día, lo que obligaría a tener que derribar los inmuebles y encarecería el proyecto. El coste, según el presupuesto que presentara en 2007 la Vicepresidencia da Igualdade, rondaría los 705.000 euros y el Concello tendría que aportar el 30%, mientras que la administración autonómica asumiría el 70%. ??Fixéronse xestións coa nova Xunta, pero non hai indició algún de que se invista agora esa cantidade, e tamén habería que plantexarse o importante custo que tería a prestación do servicio na situación económica actual de diminución dos recursos dos concellos?, argumenta Sabariz Rolán. Ante estas dificultades para lograr el Centro de Día, ??xurdiu o tema do albergue, investimento moi importante tamén para Pontecesures por razóns económicas e turísticas?, sobre todo ante la cercanía del Año Santo y teniendo también en cuenta que el Xacobeo aportaría toda la financiación ­unos 400.000 euros­.

Por ello, Sabariz cree que no hay dilema alguno entre albergue o Centro de Día, ya que ??o primeiro é factible, o segundo polo de agora non?. Además recuerda Sabariz que, quien incumplió compromisos con el Centro de Día, fue Anxo Quintana, que ??prometeuno a bombo e platillo? en una visita al municipio pero, pasaron los años y ??nada de nada?.

DIARIO DE AROUSA, 01/12/09

Contestación á nota do BNG de Pontecesures sobre o albergue de peregrinos.

En relación coa nota emitida polo grupo municipal do BNG, que manifesta que o equipo de goberno de Pontecesures non quere un centro de día porque os terreos das antigas escolas dos mestres se van adicar á construcción dun albergue de peregrinos, contéstase o seguinte:

1-Teñen os nacionalistas un descoñecemento absoluto en canto ao patrimonio municipal. A Consellería de Educación nunca cedeu a titularidade das escolas do CPI Pontecesures ao noso concello. Por unha razón elemental: porque sempre foron do concello, (e así figuran inscritas no seu inventario de bens) aínda que estaban afectadas como ben de servizo público a un uso educativo. O que fixo a consellería en novembro 2006 foi autorizar a desafectación, en base a un acordo plenario de 28/10/05 e a que todos os mestres habían entregado as chaves das vivendas ruinosas. Por certo; o goberno anterior deixou abandonado o expediente pois nin tramitou a desafectación algo que se está a facer agora.

2-Falan moito agora os nacionalistas do centro de día nesas instalacións. Cando era alcalde o Sr. Álvarez Angueira, o Sr. Quintana en prometeu nunha visita a Pontecesures o centro a bombo e platillo, pero aínda que estivo dos anos máis na Vicepresidencia, nada de nada. Sí enviaron o informe do anteproxecto presentado polo concello e incluso o Sr. Diz máis eu entrevistámonos en Vigo co antigo delegado de Vicepresidencia, pero falaban de estudos demográficos, de posibles usuarios, de que hai outros centros preto, etc…

3-O espazo das vivendas en cuestións (para un centro de día habería que derrubalas totalmente) resulta realmente escaso, segundo as consultas técnicas realizadas, para adicar ao fin do que fala o BNG.

4-? custo da obra do centro supera os 705.000 euros, segundo o orzamento presentado en 2007. Para construilo agora habería que realizar unha achega do 30% (alomenos esas son as cifras que se manexan)e que a Xunta asuma o 70%. Realizáronse algunhas xestións coa nova Xunta, pero non hai indicio algún de que se invista agora esa cantidade pola administración autonómica (recortes importantes nos orzamentos). Ademais habería que plantexarse o importante custo que tería a prestación do servizo na situación económica de diminución de recursos que teñen os concellos.

5-Xurdiu así o tema do albergue, investimento moi importante tamén para Pontecesures por razóns económicas e turísticas. Non debe esta vila quedar á marxe do Xacobeo 2010 perdendo una ocasión histórica para contar cun albergue. Non podemos seguir con unas vivendas ruinosas a carón do CPI Pontecesures. Os problemas de seguridade e os «ocupas» obrigaron non hai moito a tapiar as xanelas, e na actualidade os edificios presentan un aspecto lamentable.

6-Claro que tamén é importante mellorar o Camiño Portugués ao paso por Condide e Carreiras. De feito, está presentado ao rematar 2007 un proxecto valorado nada menos que en 1.385.000 euros para ese tramo (afundindo cableados, con zonas axardinadas, mobiliario urbano, unha marabilla, vamos), pero a S.A de Xestión, dalle prioridade agora aos albergues nestes momentos de crise.

Como conclusión hai que dicir que non hai dilema entre albergue e centro de día. O primeiro á factible, o segundo polo de agora non. Por suposto que isto non significa que o centro non se poda construir máis adiante noutros terreos, de tomar a decisión a Xunta de Galicia.

Pontecesures, 29/11/09
O concelleiro de relacións institucionais de Pontecesures
Luis Ángel Sabariz Rolán

O desgoberno municipal non quere un Centro de Día para Pontecesures.

O pasado 22 de novembro apareceu nos medios unha nota do governo municipal, na cal informa da construcción dun albergue para os peregrinos nas antigas vivendas dos mestres na rúa Pousa Antelo. Ao respecto, o BNG quere manifestar o seguinte:

Os terrenos e edificacións da que estamos a falar, foron cedidos ao concello de Cesures na anterior lexislatura cando governaba o BNG tanto no concello coma na Xunta de Galiza. Tras anos de xestións o anterior governo logrou que a Conselleria de Educación traspasase a titularidade dos mesmos para o concello. A intención do BNG era, e segue sendo, a de construir un Centro de Día para os nosos maiores, idea nal cal coicidíamos todos. A nosa desagradable sorpresa ao enterarnos polos medios que o goberno municipal pretende facer un albergue cedendo os terrenos e edificacións ao Xacobeo.

O BNG considera que este emprazamento, ao carón da escola infantil e do colexio, é idoneo para a consrucción dun Centro de Día e non para un albergue. Para nós un albergue non é prioritario hoxe por hoxe en Pontecesures e con iste investimento poderíase empregar para recuperar o camiño de Santiago en zonas totalmente abandonadas coma Condide, o Couto, Carreiras ou Infesta como xa fixo o anterior governo do BNG no tramo de San Xulián.

Ademais consideramos que levar o albergue lonxe do centro urbán, onde se atopa a maior parte da hostelaría, fará que o mesmo teña unha repercusión case nula na economía local.

Este desgoverno local carece de ideas e proxectos de futuro para o noso pobo, esquecendo totalmente aos nosos maiores que continuarán indo aos centros de día doutros concellos limítrofes. O BNG pídelle á alcaldesa Maribel Castro e aos seus socios (o tránsfuga Sabariz e o concelleiro do PP Rafael Randulfe) que recapaciten a súa decisión e que prioricen os investimentos segundo as necesidades do noso concello, apostando por infraestructuras, primeiro, para disfrute e servizo dos nosos veciños.

Para nós a construcción dun Centro de Día non só beneficiará aos nosos maiores senón que tamén creará, na súa medida, postos de traballo, tan necesarios nestes tempos. O BNG non se opón a construcción dun albergue, pero consideramos que o lugar escollido polo governo municipal non é o axeitado e o investimento no mesmo por parte do Xacobeo (400000 euros) deberíase empregar na súa totalidade na mellora do rural por onde transcurre o camiño Xacobeo Portugués continuando co traballo comenzado en San Xulián.

GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE PONTECESURES

Solicitada á autorización sanitaria para os novos nichos do cemiterio de Condide.

No cemiterio municipal de Condide foi construído hai pouco, en base a unha subvención da Deputación Provincial un bloque de 4×8 nichos, cun total de 32.

O Concello de Pontecesures solicitou onte a correspondente autorización sanitaria á Consellería de Sanidade (os nichos anteriormente construídos xa contan coa preceptiva autorización sanitaria)

Enviouse así a copia do proxecto así como o informe técnico municipal para obter a autorización o antes posible co fin de adxudicar os nichos aos veciños que o soliciten.

Dende o goberno local, indicamos aos interesados na adxudicación dos nichos que na Casa do Concello facilítase todo tipo de información dos trámites a realizar.