A carta en cuestión era unha invitación de “El CORREO GALLEGO”, para o acto de entrega dos premios ós “Galegos do ano” que concede ese diario.
A carta, con mataselos do 19-10-07, levaba o seguinte enderezo:
“Sra. Dª Mª Isabel Castro Barreiro
Alcaldesa
Avda. de Vigo
Pontecesures”
Sorprendentemente, a carta foi devolta con dilixencia de “descoñecido”, asinada polo funcionario de Correos, segundo consta na redacción de “EL CORREO GALLEGO”.
Dende logo, a anécdota non deixa en bo lugar ó Servizo de Correos.