A suba de prezos da gardería de Pontecesures aplicarase xa en xullo.

Aprobada definitivamente a modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo da Escola Infantil de Pontecesures, no BOP do 12 de xuño (páxinas 71 a 75) aparece publicado o texto da ordananza que entra en vigo hoxe mesmo, aínda que os novos prezos comezarán a aplicarse o próximo 1 de xullo.
AS ordenanza quedou aprobada definitivamente logo de que o goberno local rexeitara no pleno a alegación presentada por un usuario, que pedía que o aumento de prezos non se aplicase en pleno curso, senón en setembro. O PP. IP e ACP votaron a favor da alegación.
Lémbrase qu o goberno local de Pontecesures aplica as tarifas máximas previstas no Decreto 49/2012, de 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar Social (DOG nª 17 de 25/01/12) cando, perfectamente, pudo fíxar outros inferiores podendo optar, igualmente, a subvención autonómica para o servizo.

A continuación, publícase a apartado de tarifas da ordenanza:

ARTIGO 5º-REGRAS E DEFINICI?NS PARA A OBTENCI?N DA BASE IMPO?IBLE.
-Entenderase por unidade familiar a formada polas persoas vinculadas por matrimonio ou calquera outra forma de relación estable análoga á conxugal non separados legalmente, e:
a) Os/as fillos/as menores, con excepción os que, con consentimento dos/as pais/nais, vivan independentes destes/as.
b) Os/as fillos/as maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
c) Os/as fillos/as maiores de dezaoito anos cun grao de discapacidade superior ao 33 por cento.
A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente no 31 de decembro do ano a que se refiran os datos económicos a que se refiren as seguintes regras.

-Para a obtención da base impoñible tomarase o improte dos ingresos totais da unidade familiar, que será o resultado da agregación das rendas do exercicio anterior a aquel en que dea comezo o curso escolar, no cal se pretenda que produza efectos, de cada un dos membros da unidade familiar, calculadas por agregación da base impoñible do aforro, calculadas segundo os criterios establecidos na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas.
O importe dos ingresos totais da unidade familiar será acreditado, mediante a presentación das copias certificadas pola Administración tributaria das declaracións do IRPF ou a certificación da ingresos das persoas que non presenten as declaracións do IRPF.
O importe anterior dividirase polo número de membros computables da unidade familiar. No caso de familias monoparentais (artigo 13 da Lei 3/2011 de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia), incrementarase nun 0,8 o número real de membros que componen a unidade familiar. A renda per cápita mensual será o resultado de dividir o importe anterior por doce.

ARTIGO 6º-TAXAS
Fíxase unha matrícula universal de 20 ?

Prezo de atención educativa.

O prezo pola atención educativa en xornada completa fíxase en 160 ? mensuais (ata un máximo de 8 horas).
Establécese así mesmo unha xornada reducida, de mañá ou de tarde, de ata un máximo de 5 horas, sendo neste caso o prezo do 85% da tarefa completa.

Reduccións.

Segundo a renda per cápita da unidade familiar, sobre este prezo aplicaranse as seguintes reduccións:
a) Inferiores ó 50% do Indicador de Renda de Efectos Múltiples (IPREM), reducción do 100%: cota 0 ?.
b) Entre o 50% e o 75% do IPREM, reducción do 79%: cota 33 ? ou 28,05 ? en xornada reducida.
c) Entre o 75% e o 100% do IPREM, reducción do 58%: cota 66 ? ou 56,10 ? en xornada reducida.
d) Entre o 100% e o 125% do IPREM, reducción dun 44%: cota 106 ? ou 90,10 en xornada reducida.
e) Entre o 125% e o 150% do IPREM, reducción do 21%: cota 126 ? ou 107,10 ? en xornada reducida.
f) Entre o 150% e o 200% do IPREM, reducción do 13%: cota 139 ? ou 118,15 en xornada reducida.
g) Superior ao 200% do IPREM, sen reducción: cota a aboar 160 ? ou 136 na xornada reducida.

Prezos por servizos complementarios.

Servizo de comedor: o prexo por este servizo fíxase en 38,69 ? mensuais.
No caso de nenos/as que non utilicen habitualmente o comedor e que excepcionalmente e por motivos xustificados, desexen utilizar o servizo algún día solto, o prezo será de 2,35 ?/día.
Servizo de horario ampliado: o prezo mensual de cada hora en que se incremente o horario normal será de 16,11 ?.

Reduccións

Segundo a renda per cápita da unidade familiar apllicaranse ao prezo polo servizo mensual de comedor as seguintes reduccións:

a) Inferiores ó 30% do IPREM, reducción do 100%: cota 0 ?
b) Entre o 30 e o 75% do IPREM, reducción do 76%: cota 9,29 ?
c) Entre o75% e o 100% do IPREM, reducción do 64?: cota 13,93 ?
d) Entre o 100? e o 125% do IPREM, reducción do 50%: cota 19,35 ?
e) Entre o 125% e o 150% do IPREM, reducción do 29%: cota 27,47 ?
f) Entre o 150% e o 200% do IPREM, reducción do 14%: cota 33,27 ?
g) Superior ó 200% do IPREM, sen reducción: cota a aboar 38,69 ?

Os servizos complementarios serán de utilización voluntaria. O prezo do comedor por días soltos e os servizo de horario ampliado nos están suxeitos a ninguna reducción.

Descontos.

Segundo as circunstancia da unidade familiar, sobre o prexo resultante, logo de aplicar as reduccións correspondentes, aplicaranse os seguintes descontos que non son acumulables entre sí:
a) Nenos/as pertencentes a familias numerosas, desconto dun 20%
b) Nenos/as pertencentes a familias monoparentais, desconto dun 20%
c) Cando asistan ao mesmo centro varios irmáns, deconto dun 20% ao segundo e sucesivos.
Para a aplicación dos descontos terase en conta as circunstancias concorentes no momento de presentación da sollicitude de praza.
Cando por circunstancias sobrevidas (solicitude fóra de prazo, traslado de residencia. Etc) o/a neno/a ingrese na Escola con posterioridade ó día 15 do mes, a cota que corresponde pagar por dito mes terá un desconto do 50%.

Aberto o prazo de matrícula na Gardería Municipal.

O prazo de matrícula na Escola Infantil Municipal está aberto do 1 ao 15 de xuño

Na web do  Concello www.pontecesures.org poden descargarse os formularios da matrícula.

O día 1 de xuño abriu o prazo de Matrícula para o Curso 2012/2013 que comezará o 3 de setembro que deberán formalizar tanto os alumnos e alumnas da EIM coma os de novo ingreso. Durante este período tamén poderán formularse novas solicitudes de praza ata cubrir as 10 vacantes dispoñibles.

Os alumnos e alumnas da EIM ademais do formulario deberá presentar as Declaracións do IRPF 2011 e un Certificado de Convivencia actual ademais da documentación acreditativa de variacións se as houber (separación/divorcio, nacemento de novos fillos, cambio de enderezo, etc).

No caso das e dos novos alumnos ademais do formulario deberá presentar as Declaracións do IRPF 2011, a tarxeta sanitaria do/a neno/a, un Informe médico, o Libro de saúde infantil, seis (6) fotografías tamaño carné, o impreso de domiciliación bancaria e a autorización para recoller ao neno/a na EIM, e o xustificante bancario de ter abonado o importe da matrícula (20?).

Para máis información  e presentar a documentación poden dirixirse ao Servizo Social Comunitario do Concello os luns, martes e venres de 9 a 13.30 horas (tel. 986564409)

 

O goberno aprobou definitivamente a suba das taxas da piscina e da escola infantil. Nota do concelleiro da ACP.

Ámbalas dúas subas foron aprobadas definitivamente polo goberno local, ao rexeitar as alegacións presentadas. Houbo 5 votos favorables ao rexeite por parte do goberno local (BNG e PSOE, o representante de TeGa, Ángel Souto, non asistiu á sesión por enfermidade) e 4 en contra (PP,IP,e ACP, a exalcaldesa Maribel Castro de IP non estivo presente no pleno).

Respecto á ordenaza fiscal da taxa da piscina e outras instalacións deportivas, presentouse un escrito de reclamacións asinado por 11 persoas. A suba aprobada inicialmente polo goberno local era pasar da taxa da piscina de 0,45 euros a 1.50 euros os menores de 12 anos, e de 1,20 a 3 euros os maiores desa idade. Os reclamantes fixeron a proposta de que os prezos queden en 0.90 euros para os menores de 12 anos, e en 1.80 euros para os maiores desa idade. Fun o único concelleiro que tomei a palabra neste punto e apoiei a reclamación indicando que era constructiva e que a suba proposta polo equipo de goberno é disparatada para as economías familiares nestes tempos de crise e que se pon en risco de desaparición a actividade lúdica e deportiva. Tamén considerei lamentable que o alcalde nin sequera lera a reclamación aos asistentes, e que ninguén do equipo de goberno se molestase para debater ou razonar o rexeite do texto. Parece que se quere aplicar o rodillo. Aínda que fora por respecto, os asinantes da reclamación, que molestáronse en facer unha proposta, non merecen ese desinterese do equipo de goberno.

A votación da suba das taxas da escola infantil foi a mesma e así rexeitouse a reclamación dun veciño que pretendía que as novas taxas entren en vigor o 1 de setembro de 2012 para o vindeiro curso escolar, xa que os pais actuais que tiñan unhas previsións de pago de taxas na mesma contía mensual no curso actual 2011/2012 non tiñan porque soportar estas subas neste propio curso. Tamén fun o único en intervir neste punto e apoiei a reclamación, lembrándolle ao concelleiro de educación, Roque Araújo, que o goberno local fixou as novas taxas cos importes máximos do novo decreto da Xunta, cando era posible fixar cantidades inferiores, e que así non dixo á verdade aos usuarios botándolle a culpa da suba a administración autonómica indebidamente. Tamén considerei triste que tampouco o alcalde lera a reclamación, e que ninguén do goberno local debatera ou razonara o rexeite da proposta. O veciño asinante da reclamación estaba no salón de sesións como espectador, e aínda que fora por educación e respecto, merecía escoitar os razoamentos do rexeite e non a calada por resposta en forma de votos e punto. Non estraña que a impresión que se leva esta persoa da actitude do goberno no pleno sexa moi negativa.

Pontecesures, 29/05/12
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures