O Día da Bicicleta chega o sábado 5 a Pontecesures: mañá remata o prazo de inscrición

Cartel do Día da Bicicleta 2026 de Pontecesures

Atención ao prazo: mañá xoves 3 de setembro remata a inscrición para o Día da Bicicleta 2026 de Pontecesures, que se celebrará o sábado 5 de setembro. Para apuntarse, hai que chamar ao 986 55 71 25.

A cita é na Prazuela, con concentración a partir das 16:00. A organizadores animan a sacar a bici e gozar dunha tarde en familia ou con amigos (se o tempo acompaña). Este é o programa:

  • 17:00 — Percurso reducido (uns 700 m): ideal para os máis pequenos; sairá da Prazuela, pasará pola Estación de FF.CC. e o Club Náutico e regresará á Prazuela
  • 17:15 (aprox.) — Percurso principal (uns 8 km): dende a Prazula pola Avenida dos Namorados, A Charca, Chanteclair, Regadío, Paxareira, Praza de Pontevedra, Infesta, Colexio, O Castro, A Barosa e Club Náutico, con regreso á Prazuela

🎁 Ao remate das pedaladas haberá sorteo dunha bicicleta e outros agasallos entre todas as persoas participantes.

Colaboran na xornada o Club Ciclista Padronés, A de Mario Bike, Arousa Bikes, Oliveira Bikes e Casa Grobas.

Fonte: Concello de Pontecesures