Gran asistencia ao desfile de disfraces no Entroido de Pontecesures.

De gran éxito de participación pode cualificarse o desfile e o concurso deste ano. Houbo máis de 250 personas disfrazadas e moitísimo público. Animou o dúo Caché de Valga.

Estes foron os gañadores:

CATIVOS 0 ?? 3 ANOS

INDIVIDUAL:

3º – FORESTAL
2º – PEQUENA LABREGA
1º – PAVO REAL

PARELLAS/GRUPOS

1º – BOMBONAS

INFANTIL 4 ?? 14 ANOS

INDIVIDUAL

3º.- MONSTER HAIR
2º.- CAMALE?N
1º.- SE?ORA DAS ANILLAS DE REFRESCOS

PARELLAS

3º.- MUEBLES ALCOBA
2º.- REIS DAS CHAPAS
1º.- PALLASOS RECICLADOS

COMPARSAS

3º.- G?TICAS
2º.- SAMBA NO ARRECIFE
1º.- EL SOLDADITO Y LA BAILARINA

ADULTOS + 14 ANOS

INDIVIDUAL

3º.- A VIDA NO PALLEIRO
2º.- DUCHA HUMANA
1º.- O BARCO NO MAR

PARELLAS

3º.- BOMB?NS FERRERO ROCHER
2º.- TOY STORY
1º.- CLEOPATRA Y SUS FANTASÍAS

COMPARSAS

3º.- A COSTUREIRAS
2º.- OS PAXARI?OS
1º.- ARRINCADEIRA

Espérase unha elevada participación no desfile do Entroido de Pontecesures na tarde de mañá.

Mañá domingo, 6 de marzo, terá lugar o festival de Entroido de Pontecesures. Rematado o prazo de inscrición para comparsas infantís e de adultos, hai inscritas para participar 4 comparsas infantís (de 4 a 14 anos) e 6 comparsas de adultos. Só o número de participantes nestas 10 comparsas vai rondar as 200 persoas, e coma curiosidade, unha delas está integrada por case medio cento de veciños da localidade.

Ademais, hai un bo número de inscritos nas categorías de individual e parellas, polo que se prevé ter un bo desfile de Entroido.

As inscricións poderanse facer no entorno da Plazuela, onde se anotarán aos participantes dende as 16 ata as 17 horas. O horario de comezo do desfile está previsto para as 17.30 h., percorrendo as rúas principais da vila, e retornando á Plazuela, onde o duo ??Caché? amenizará o concurso e a festa.

Finalmente farase a entrega de premios a partir das 19 horas, no caso dos cativos, e posteriormente aos infantis e adultos.

DIARIO DE AROUSA, 05/03/11

O sábado, 5 de marzo, Entroido dos locais de Pontecesures.

Organizan este Entroido os pubs C’est La Vie, Audrey, N’Black e Baila Conmigo, maila Discoteca Maty.
Os participantes disfrazados deberán percorrer na noite do sábado de Entroido os cinco locais co obxecto de recibir a puntuación do xurado. Alí faranlles unha fotografía e anotarán o nome.
Os premios son os seguintes:
Primeiro de grupos ou comparsas, 200 euros.
Primeiro de parellas. Cea máis estadía nun balneario.
Segundo de parellas. Estadía nun balneario (dúas persoas).

Gran éxito da convocatoria das actividades de entroido para nenos.

Os días 7, 8 e 9 de marzo de 2009 (luns e martes de entroido e mércores de cinza, días nos que non hai clase), de 10 a 13 horas no Centro Social de Pontecesures hai actividades de confección de disfraces, maquillaxe de Entroido, realización de caretas e antifaces para nenos/as de 5 a 12 anos.
Estes obradoiros van seren impartidos pola educadora familiar do concello e pola monitora de ximnasia de adultos.
Os anuncios foron distribuídos no CPI Pontecesures nesta semana, e a día de hoxe xa están esgotadas as 31 prazas coas que se conta para estas actividades.
O goberno local está satisfeito da resposta a esta iniciativa. Ademais do labor formativo e festivo, é importante a celebración deste tipo de actividades en días de vacacións para as familias nas que traballan os dous cónxuxes.

El Entroido de Valga incluye un concierto y concurso de disfraces.

Valga arranca la programación municipal de Entroido el sábado día 5 con un concierto a cargo de los alumnos de instrumentos de viento y madera de la escuela municipal de música. El domingo 13 de marzo tendrá lugar el concurso de disfraces, a las 17.30 horas en el auditorio, que incluye la actuación del Show dos paiasos. Habrá premios en la categoría de adultos y niños en las modalidades individuales, entre los 10 y 600 euros. El mejor disfraz del Concello merecerá un premio especial por valor de 100 euros. Los interesados podrán anotarse el mismo día en el auditorio.

Hoy, Payasolandia
Para ir abriendo boca, hoy se celebrará en el auditorio el espectáculo de Payasolandia. El precio de entrada es de 10 euros. Antes, a las cinco, se celebrará en el mismo lugar una charla sobre la salud bucodental.

LA VOZ DE GALICIA, 25/02/11

Entroido 2011 en Pontecesures.

BASES DO CONCURSO E DESFILE DE ENTROIDO 2011 DE PONTECESURES

O Concello de Pontecesures invita a maiores e pequenos a participar no Concurso de Disfraces que terá lugar o 6 de marzo de 2011.

As comparsas que desexen participar tanto no concurso como no desfile de Entroido terán de prazo ata as 14.00 horas do xoves 3 de marzo para anotarse nas Oficinas do Concello. O resto de participantes poderán anotarse tamén previamente no Concello, ou o mesmo día do concurso, a partir das 16 h. ata as 17 h. A partir das 17 h. pechase o prazo de inscrición.
Na folla de inscrición deberán sinalar a categoría na que desexan participar, xa que só se poderá participar nunha categoría.

As 16.30 horas todos os participantes deberán estar na rúa Portarraxoi (esquina Rúa Ullán), dende onde sairá ás 17.30 h.o desfile de Entroido, que pasará pola rúa San Lois, Travesía da Estación, rúa Rosalía de Castro, rúa Sagasta e rematará na Prazuela, onde continuará o festival. O Xurado acompañará o desfile para ter tempo de valorar ós participantes.
O percorrido poderá sufrir modificacións, notificándollo antes da saída ós participantes.

Establécense tres categorías principais:

? Cativos: Nenos/as ata 3 anos incluidos. Nesta categoria ??parellas? e ??grupos/comparsas? compiten nunha única modalidade.

? Infantil. Todos aqueles grupos/comparsas, parellas ou individuais dende 3 ata 14 anos. Para pertencer a esta categoría os grupos e parellas terán que estar formadas integramente por nenos/as ata 14 anos.

? Adulto. Todos aqueles grupos ou comparsas, parellas ou individuais de 15 anos en diante.

Dentro das anteriores categorías teremos as seguintes modalidades:

? Comparsas/Grupos. Estarán formadas por un grupo de 3 ou mais persoas, que poderá ter ou non coreografía e música propia, e poderán ir en carroza ou similar.

? Parella: Formada por 2 persoas ambas cun disfraz relacionado.

? Individual: Unha persoa.

Aquelas comparsas/grupos formadas conxuntamente por nenos e maiores concursarán na categoría de adultos, e ningún dos seus compoñentes poderá presentarse ó concurso de individual ou parellas de ningunha outra categoría.

Os disfraces gañadores de anos pasados non poderán volver a competir.

A entrega de premios farase na Prazuela. Sobre as 7 da tarde entregaranse os premios ós ??Cativos? e ??Infantís? e sobre as 8 os premios de ??Adultos?. Os que resulten gañadores do concurso deberán recoller eles mesmos o premio ataviados co disfraz que lles valeu o devandito premio, e no momento da entrega un adulto que se identificará cun DNI orixinal os acompañará para firmar o recibín correspondente. O fallo do xurado será inapelábel e poderá declarar premios desertos se o considera oportuno.

A participación no desfile e concurso supón a aceptación destas bases.

Os premios por cada categoría serán os seguintes:

Na categoria CATIVOS (0 ?? 3 Anos) ??Parellas? e ??Grupos/Comparsas ? participan no mesmos premios.

Todos os premios recibirán o importe en metálico, para o que se deberá asinar o correspondente recibín previa presentación do DNI dun dos participantes. No caso dos menores será un adulto que o acompañe quen asine dito recibín previa presentación do DNI.

MAIS INFORMACI?N E INSCRICI?NS:
OFICINAS DO CONCELLO DE PONTECESURES
Telefono: 986 557 125