Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

Espérase unha elevada participación no desfile do Entroido de Pontecesures na tarde de mañá.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Mañá domingo, 6 de marzo, terá lugar o festival de Entroido de Pontecesures. Rematado o prazo de inscrición para comparsas infantís e de adultos, hai inscritas para participar 4 comparsas infantís (de 4 a 14 anos) e 6 comparsas de adultos. Só o número de participantes nestas 10 comparsas vai rondar as 200 persoas, e coma curiosidade, unha delas está integrada por case medio cento de veciños da localidade.

Ademais, hai un bo número de inscritos nas categorías de individual e parellas, polo que se prevé ter un bo desfile de Entroido.

As inscricións poderanse facer no entorno da Plazuela, onde se anotarán aos participantes dende as 16 ata as 17 horas. O horario de comezo do desfile está previsto para as 17.30 h., percorrendo as rúas principais da vila, e retornando á Plazuela, onde o duo â??Cachéâ?� amenizará o concurso e a festa.

Finalmente farase a entrega de premios a partir das 19 horas, no caso dos cativos, e posteriormente aos infantis e adultos.

DIARIO DE AROUSA, 05/03/11

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.