Gran éxito da convocatoria das actividades de entroido para nenos.
Os días 7, 8 e 9 de marzo de 2009 (luns e martes de entroido e mércores de cinza, días nos que non hai clase), de 10 a 13 horas no Centro Social de Pontecesures hai actividades de confección de disfraces, maquillaxe de Entroido, realización de caretas e antifaces para nenos/as de 5 a 12 anos.
Estes obradoiros van seren impartidos pola educadora familiar do concello e pola monitora de ximnasia de adultos.
Os anuncios foron distribuídos no CPI Pontecesures nesta semana, e a día de hoxe xa están esgotadas as 31 prazas coas que se conta para estas actividades.
O goberno local está satisfeito da resposta a esta iniciativa. Ademais do labor formativo e festivo, é importante a celebración deste tipo de actividades en días de vacacións para as familias nas que traballan os dous cónxuxes.
3 comentarios
“….é importante a celebración deste tipo de actividades en días de vacacións para as familias nas que traballan os dous cónxuxes”. Sempre por detrás dos demais. Como moita xente, vexo a páxina, cando podo e teño tempo, pero Sabariz, esto non o reclamaba os socialistas do pobo, nas actividades de Navidad.
Mira “Xitano”, en Nadal houbo unhas actividades e agora, no entroido, outras, sempre en función da disponibilidade de medios con que contamos.
¿Que imos por detrás nas decisións?. Non o penso. Un exemplo: os socialistas cesureños consideraban innecesario arranxar a Plazuela, e tomouse a decisión de remodelala. Quedou de marabilla e a obra foi en xeral aplaudida.
Está ben Sabariz que teñas en consideración as propostas doutros grupos políticos. En verdade que non era unha cuestión de cartos, como agora queda demostrado, senón de iniciativa, que é o que non tedes.