O EXTRUGASA SENTENCIA NO DESCANSO, NUN PARTIDO MOI COMODO PARA ACABAR GA?ANDO 23 ?? 61

imagen-002-web.JPG
Foto da plantilla ó completo cos uniformes estrenados recentemente

ESCOLA NAVAL DE MARIN = 23
EXTRUGASA RIO ULLA = 61

Peñaño (9) Gulli (9), Pedrito (2), Diego (-), Victor (2), Pino (10), Nacho (17), Santi (6), Juanjo (-), Felipe (4)e Pepi (6).

Foi o partido mais cómodo do ano. E iba para record de duración en tempo, pois os 3 primeiros cuartos xogáronse en 1 hora de reloxo. Tampouco é que o último cuarto durase moito, pero un apagón da luz tivo o partido parado 15 minutos, ata que entre persoal de mantenemento, e Nacho, que ademais de gran pivot é un ??chispas? da electricidade diron co problema e o solucionaron.

Empezou forte o Extrugasa en defensa, e en ataque neste cuarto dirixiu moi ben Peñaño ante a defensa individual: bloqueos cos pivotes e asistencias na continuación. Así, entre Pino e Nacho abriron as primeiras diferencias dende o inicio (min 5: 2 ?? 13). Cando se puxeron en zona unha tripla de Gulli elevou de novo as diferencias por riba dos 10 puntos: 5 ?? 16, e logo a base de tiros libres o Extrugasa permitiu sumar para irse ó final do cuarto cun 8 ?? 23 a favor.

Con Nacho sentado con 2 faltas no 2º cuarto Pino impuxo a sua altura, para asegurar o rebote defensivo. Os locais estrelábanse unha e outra vez ca defensa cesureña, nese momento en individual. Os árbitros deixando xogar e o partido transcorría moi rápido. Así se explica o pobre parcial deste período: 2 -10 en 10 minutos de xogo.

Na reanudación o guión non cambiou: forte defensa ó home no Extrugasa e a repartir minutos para os menos habituais (Peñaño e Pino apenas xogaron na segunda metade, para reservalos e previr posibles golpes). Nacho e un voluntarioso, pero sen acerto en ataque Juanjo, controlaban o rebote defensivo, e en ataque movíase por momentos ben a zona que tiñan os locais. Quedando 25 segundos para o final do cuarto foi cando se produxo o apagón, co conseguinte enfriamento de ambos equipos, pois tardouse en reanudar 15 minutos. 14 ?? 44 nese momento.

No ultimo cuarto intercambio de canastras ó principio: 21 ?? 53, para acabar pegando un ultimo tirón no marcador, ca velocidade dos rapaces Pedrito e Victor: 23 ?? 61e o liderado mantense á falta dos partidos da xornada do domingo.

O EQUIPO ALEVIN FEMENINO DO EXTRUGASA RIO ULLA SEGUE INVICTO TRAS DISPUTARSE A PRIMEIRA VOLTA DO CAMPIONATO

100_8055-web.JPG

Este equipo do club está rindindo a moi bo nivel, e logo de disputada a 1ª volta do campeonato alevin arousan, no grupo B, pois son 2 grupos de 12 equipos cada un, seguen invictas cun balance de 10 partidos gañados anotando 511 puntos a favor, e encaixando 203 puntos en contra. ten pendente o partido da primeira xornada contra un equipo en teoria asequible coma é o das “Escolas Municipais de Poio”.

 Xogan habitualmente as 10 nenas da foto, que son:

Sandra, Laura, Raquel, Paula, e Eva (as que estan de pe de esquera a dereita)

Lara, Antia, Veronica, Raquel e Sonia (as sentadas).

O seu adestrador é Antonio, que tan bo traballo está facendo ca base do baloncesto cesureño.

Teñen moitas posibilidades de disputar a final arousana femenina, que sería contra o sempre dificil Arxil de Pontevedra, cando acabe a liga alá a finais de maio. Quen gane xogaría despois a final provincial contra o campeon da zona de Vigo. pero, independentememnte de que cheguen a esa final, o mais importante é que, por decision do adestrador, este ano partimos o grupo de alevins (15 nenos e nenas) en 2 equipos, para así poder xogar mais minutos cada un, e que poideran divertirse mais xogando e mellorando como deportistas. Ademais neste equipo 4 nenas recen empezaban: Raquel, Laura,  Sandra e Sonia, e varias das outras viñan de benxamins, polo que mellor non o poden estar facendo. neste ultimo partido, disputado o pasado sabado en Pontecesures, p. exemplo, gañaron 74 -29 ó equipo da Estrada.

Teñen xogado en ocasións tamén neste equipo, cando hai problema de baixas, os nenos benxamins Ivan, Ricar e Kevin, que ademais o fan frecuentemente no outro equipo alevin: o  masculino, que van 5º no grupo A, cun balance de 6 gañados e 5 perdidos, a pesares de ter un problema de baixas. Perfectamente poderian ir 3º se houbesen gañado 2 partidos que perderon moi axustados no marcador, contra Liceo maritimo e Dorna de A Illa fora. Poden pelexar pola 4ª praza, ou incluso a 3ª.

O EXTRUGASA GA?A DE 22 NUN MAL PARTIDO Á ESTRADA (62?? 40)

EXTRUGASA RIO ULLA = 62

Peñaño (9) Gulli (2), Pedrito (3), Diego (3), Victor (-), Pino (16),Nacho (21), Santi (2), Juanjo (-) e Pepi (6).

A ESTRADA = 40

Non pasará á historia este partido, se non é pola oportunidade perdida para haberlle gañado de tunda a un equipo que estaba tendo bos resultados. E iso a pesares do marcador final, pero polo medio houbo 3 ??actos claros?: dun bo comezo (20 ?? 4), a unha ??empanada? global (22 ?? 18) e a reacción do equipo (49 ?? 32). Empezou forte o Extrugasa en defensa, logrando que A Estrada tardase case 5 minutos en anotar a súa primeira canastra. Mentres os pivots locais Pino e Nacho poñían un 13 a 2 mediado o primeiro cuarto. Diferencias que se foron ampliando segundo transcorría o mesmo: 20 ?? 4, acabando o cuarto 20 ?? 6. Funcionaba o equipo, pero a defensa levou a Gulli con 2 faltas ó banco.

A pesar de que se falou, o equipo entrou nunca apatía tremenda, non defendendo coma antes, o que facía que os estradenses empezasen a anotar de xeito continuo, e logo perdendo balóns por pasos, malos pases, sen xogar a nada productivo: foron quizais os peores 10 minutos da temporada: (min 27: 22 ?? 20)Gulli mediado o cuarto saleu a poñer orden, e ó minuto e medio estaba no banco de novo con 3 faltas. 3 canastras en todo o cuarto.

Menos mal que Diego anotou unha tripla providencial que evitou poñer ós locais diante. Acabou este cuarto 27 ?? 20, e a sensación de que se estaba facendo o ridículo era palpable nas caras dos xogadores. Empezou a segunda parte e voltou a defensa a funcionar, mentres que o ataque se ia centrando de novo. balóns a Nacho para empezar o despegue (min 23: 32 ?? 25). Logo Peñaño estivo mais acertado e continuou o despegue local (dun 36 ?? 29, pasouse a un 43 ?? 32, con varias canastras de Nacho anotou 10 puntos neste cuarto, moitas delas tras rebote en ataque.

Pino, Pepi e Santi, logrando unha canastra cada un deixaron o marcador ó final do 3º cuarto nun 49 ?? 32. e todo gracias ó traballo defensivo, dende Gulli que daba un punto mais de garra á defensa ata Pino que, con 17 rebotes defensivos no partido non daba segundas opcións os estradenses. No derradeiro cuarto os locais lograron poñerse 20 arriba rapidamente: 55 ?? 34, pois Pino e Nacho seguían anotando, pero outra vez en ataque o Extrugasa cometeu numerosos erros nos minutos finais, con perdas por xogar precipitado que impediron unha victoria mais ampla: 62 ?? 40, eso si xogando os últimos minutos cos menos habituais.

Louzán y Pastor visitan las instalaciones de Extrugasa guiados por Andrés Quintá.

La candidata al Congreso por Pontevedra, Ana Pastor, y el presidente de la Diputación de Pontevedra, Rafael Louzán, visitaron ayer las instalaciones de la fábrica de Extrugasa, junto con su propietario, Andrés Quintá, del que alabaron su labor como empresario que da trabajo a 700 personas.

El presidente de la compañía Extrugasa recibió a ambos dirigentes políticos para guiarlos por las instalaciones de la firma en Valga. En el caso del máximo dirigente de la Diputación pontevedesa, Rafael Louzán, este ya había estado en la fábrica en visitas anteriores y por ello quiso acompañar a Ana Pastor durante el recorrido, en el que también conocieron una nueva, con su equipamiento, que ha construído la empresa recientemente.

La candidata al Congreso para las próximas elecciones generales alabó el funcionamiento de la empresa y manifestó que el Partido Popular estará cerca de los empresarios. Asimismo subrayó la persona de Andrés Quintá por liderar una empresa que genera empleo y riqueza, además de apostar por la calidad con la aplicación de tecnología puntera a sus instalaciones.

Por su parte, Rafael Louzán, siguió la misma línea de Pastor y destacó que Extrugasa da trabajo a 700 personas y que “nalgún momento haberá que premiar a empresarios como Andrés Quintá que xeran esta riqueza”. El presidente de la Diputación recordó que la compañía “é todo un referente na comarca e na provincia de Pontevedra” y que desde el ente provincial se muestran muy satisfechos con la labor de empresarios como él.

En esta misma línea, Louzán lanzó un mensaje a la administraciones porque considera que deben colaborar para facilitar suelo industrial a los emprendedores, como “estamos facendo dende a Diputación en polígonos como o de Barro- Meis, para darlle a oportunidade de medrar”.

Tanto él como Pastor se quedaron “marabillados”, en palabras del presidente del organismo provincial, con el funcionamiento de la compañía, y la persona de Andrés Quintá por su iniciativa y la dirección con que maneja su negocio situado en el municipio de Valga.

DIARIO DE AROUSA, 26/02/08

O Xogo interior do Extrugasa permite acadar unha comoda victoria ante o Liceo Casino de Vilagarcía (36-63)

LICEO CASINO DE VILAGARCIA = 36

EXTRUGASA RIO ULLA = 63
Gulli (2), Peñaño (10), Pedrito (1), Diego (-), Victor (-), Pino (14), Nacho (15), Santi (5), Juanjo (3), Feli (5) e Pepi (8).

Cando os pivostos do equipo (Juanjo, Santi, Pino e Nacho sumaron 37 puntos) meten tantos puntos coma o equipo contrario, está claro que o xogo interior cesureño foi moi superior ós chavales do Liceo, que moi voluntarioso na primeira parte, pero se diluiron na segunda, ta alcanzar os 27 puntos de diferencia finais. E elo a pesar de que o Extrugasa tivo malos porcentaxes no tiro de 3 puntos ante a zona pechada que ponían os locais cando Nacho estaba no campo (só 2 de 13 triplas). Nótase que Gulli inda anda renqueante do seu esguince de nocello, que non pode tirar cómodo.

O partido iniciouse con un extrugasa supoerior na zona local, pero que en defensa estaba un pouco frouxo (min 5: 6 ?? 6). Meos unha tripla de Pepi, dos 17 puntos 14 foron accions de Pino e Nacho, ben en 1 x1, ou tras coller rebote en ataque. Os locais, moi voluntariosos, conseguiron poñeerse diante (min 7: 12 ?? 9), pero o Extrugasa foi incrementando a defensa e cun parcial de 0 ?? 8 en 2 minutos acabou o cuarto 12 ?? 17.

O segundo cuarto foi de moitas imprecisións por ambas partes, tan só 6 puntos para os locais nestes 10 minutos, pero o Extrugasa o que recuperaba en defensa non o aproveitaba en ataque, con lanzamentos exteriores fallados, e perdas de balon. Así o marcador ó descanso era de un 20 a 27.

No 3º cuarto os cesureños pegaron un primeiro tirón cun parcial de 1 ?? 7 en 5 minutos (min 25: 21 ?? 34) e a partir de ahí o partido foiselle poniendo moi facil ante uns rapaces que xogaban mas co corazón que ca cabeza neses momentos: Ademais Nacho e Pino seguían ó seu que era anotar debaixo do aro, e felipe anotou unha tripla no final do cuarto que deixou un marcador de 28 ?? 41.

Saliron a por todas os locais, querendo presionar, pero a estratexia non funcionou, e no minuto 33 varias protestas dosvilagarcias se transforman en 6 tirios libre seguidos para peñaño que anota e rompe o marcador hasta os 20 puntos 31 ?? 51. Logo seguironlle facendo varias faltas que peñaño anotaba nos tiros libres (foron 10 consecutivos sen fallo). E o partido acabouse ahí. Quedaban 5 minutos, xogaron os rapaces e unha nova victoria para os cesureños.