Os nenos/as da gardería municipal de Pontecesures celebrarán o seu Festival de Nadal o venres, 21 de decembro ás 17:00 horas no Pavillón Polideportivo.
Festival benéfico en Cordeiro con Maldados.com.
Será o sábado 15 ás 19:00 horas no Auditorio de Cordeiro co fin de recadar alimentos para a Cociña Económica. A entrada será un lote de comida.
DIARIO DE PONTEVEDRA, 12/12/12
O coro da Barcarola de Pontecesures actuará o sábado 20 de outubro en O Grove.
Será no Pavillón de Congresos da Illa da Toxa nun festival de corais que pon o broche final á Festa do Marisco e que comeza as 19:00 horas.
Actuarán tamén a Coral Boca da Ría, a Coral da Confraría San Martiño e a Coral da 3ª Idade (as tres de O Grove).
Pancarta de apoio ás traballadoras sancionadas da gardería municipal de Pontecesures.
Durante o festival de remate de curso da escola infantil municipal de Pontecesures, que tivo lugar o pasado 29 de xuño no pavillón, desplegouse unha pancarta de apoio ás tres traballadoras sancionadas cunha semana de emprego e soldo en relación coa colocación dunha pancarta reivindicativa no edificio sobre retraso no cobro de salarios o 15 de maio de 2012.
A pancarta de 1×0,5 metros, colocada na parte inferior da grada, dicía literalmente: “OS PAIS APOIAMOS A NATI, MADA E YOLI”
Esta tarde, festival de remate de curso na Escola Infantil Municipal de Pontecesures.
Hoxe venres, 29 de xuño, ás 17:30 horas, celebrarase no pavillón municipal o festival de remate de curso dos nenos/as da gardería do Concello de Pontecesures.
ACTUACION DA CORAL POLIF?NICA DA BARCAROLA ESTE SABADO EN LUOU.
A Coral da Asocicación A Barcarola vai participar o sábado día 9 nun festival de corais en Luou, a partir das 2o h. que se celebrará na Igrexa Parroquial desa localidades. Ademais da Coral da Barcarola, participarán outras 2 corais:
Coral Polifónica de Noia.
Coral Polifónica de Luou.