Rouban na pasada fin de semana en varios inmobles de Pontecesures.
Na noite do sábado pasado, 1 de marzo, os ladróns entraron en varias vivendas de Pontecesures (na pista da Toxa, en Infesta, na rúa Ullán…) e tamén en algún establecemento. Das vivendas levaron xoias, alimentos dos conxeladores e outros obxectos de valor.
Derrota del Cesures Fútbol Sala, que suma un triunfo.
El Cesures de fútbol sala, inmerso en el grupo A de la Liga Provincial, cedió ante el Playas de pontevedra por 7-3 y, tras 5 jornadas suma 3 puntos con 1 triunfo y 4 derrotas. El próximo fin de semana se enfrentará al líder de la categoría, el Bamboo Calipso.
Diario de Pontevedra
BALONCESTO: ESTE FIN DE SEMANA DISPUTANSE OS PRIMEIROS PARTIDOS OFICIAIS DA TEMPORADA 2013-14
Os primeiros partidos oficiais das ligas da temporada 2013-14 son esta próxima fin de semana.
– O equipo xunior feminino xogará este sábado 12 ás 12 da mañá en Pontecesures diante do Pio XII de Santiago de Compostela.
– O cadete feminino que o fará o domingo 13 xogando a partir das 5 da tarde en Pontevedra contra o Arxil B.
– E o equipo xunior masculino tamén empeza xogando o domingo ás 5 no campo do Dorna de A Illa de Arousa.
– Ademais, o equipo senior xoga este sábado día 12 ás 8 da atrde un partido amistoso contra os vilagarciáns do Sigaltec BBC Liceo, da súa mesma liga, de cara a iniciar a liga de 3ª autonómica que se iniciará a vindeira semana.
Fora destes 4 equipos, temos outros 6 equipos máis esperando para empezar as suas ligas: 1 infantil feminino, 1 infantil masculino, 2 alevíns feminínos, 1 alevín masculino, e os pequenos/as do equipo de categoría benxamín mixto. 10 equipos federados (nunca antes tantos tivéramos namesma temporada), e xa 110 deportistas federados, ou tramitando nestes días as suas licencias. Caras novas en moitos dos equipos para completar planteis, sobre todo nos equipos base. De feito, está aberta a posibilidade de que calquera rapaz/rapaza que queira participar veña a anotarse e o poida facer.
Os horarios definitivos para este inverno, no polideportivo de Pontecesures, son os seguintes:
Mais información, polas tardes, dentro deste mesmo horario, no polideportivo de Pontecesures.



