Como xa é habitual, o grupo OdL,con talleres en Pontecesures e na Matanza (Padrón),celebrará a súa V Festa. Será no campo da festa de Campaña, o vindeiro venres 19 de xuño, a partir das 22.30h. coa presentación das orquestras COMPOSTELA e CINEMA. Haberá carro da festa para mollar a palleta con Mirindas e auguas do país.A dirección de OdL non se fai responsable das posibles trompas e visións dobres.
A orquestra COMPOSTELA,formación de recoñecido prestixio, pasa por ser a orquestra galega máis coñecida no resto do Mundo,estando de xira por gran parte de América e Europa.Ademais diso este ano cumplen 90 anos,sendo a orquestra decana de Galicia. Por iste motivo,este ano acaban de sacar ó mercado un cd recopilatorio de grandes éxitos,e en cuestión de días será lanzando un disco con novos temas interpretados pola agrupación actual.
Pola súa banda, OdL é o maior fabricante do Mundo de escenarios móbiles para orquestras.Vendendo para Galicia,Portugal,Francia,Levante,Castilla,Asturias,Santander….
A participación en Pontecesures nas eleccións europeas do pasado domingo, foi a máis baixa dos municipios da zona.
A participación do 39,38% foi moi baixa en relación coa media galega e, sobre todo, en relación coa doutros municipos da zona.
Así en Catoira votou o 50,14%, en Valga o 49,71%, en Padrón o 47,72%, en Dodro o 52,97% e en Rois o 49,14%.
Chama a atención que non se chegara na nosa vila, nin ao 40% de participación.
Volcados co río Sar.
Non estamos a referirnos a mergullarse nas suas augas coma noutros tempos cando de rapaces íamos a nadar ao Remol, a Presa ou a Volta. E ata en caso de apuro se bebía das suas augas cristalinas e transparentes, que así iba o río Sar ao seu paso pola vila de Rosalía, a quen o río e a incomparable beleza natural deste fermoso val tanto a inspirou.
Hoxe queremos facernos eco da satisfacción con que a maioría de padroneses e ribeireños en xeral acolleron as derradeiras informacións publicadas nos medios de comunicación, segundo das cales, por fin, parece que Medio Ambiente e coa colaboración dos concellos do entorno, dende o propio Santiago, con Ames, Brión, Rois, Padrón e Dodro, se procederá a rexeneración das súas contaminadas augas que aínda sen volver a ser o que eran, alomenos se saneen da lamentable situación en que fai anos se atopan .
E por outra banda se leve a cabo a mellora tantas veces prometida no tramo do seu curso entre Padrón, Lamas e Pazos para evitar que as habituais enchentas do río veñan a asolagar eses lugares e as fincas do percorrido.
Benvidas serán asemade as proxectadas obras de creación de pistas de sendeirismo e repoboación de ámbalas duas ribeiras do río coas árbores idóneas para fixación dos terreos, ao tempo que facilitar o hábitat da fauna piscícola da que o Sar foi sempre un dos ríos mais propicios e, ó tempo, desexados polos afeccionados a pesca con caña de gran parte de Galicia.
Así pois confiemos en que esta vez o vello e tan ansiado proxecto non tarde en verse convertido en realidade e non coma algúns mal pensados cren, que habelos háilos, fora unha de tantas promesas preelectorais que pasen de novo a encher o baúl dos recordos.
Artigo de José Castro Cajaraville. TIERRAS DE SANTIAGO, 09/06/09
Aquí Radio Valga! Cumprimos dez anos. II parte.
O domingo pasado falaba do inicio das emisións de Radio Valga, o 15 de maio de 1999 e que ás 11 da mañá do 7 de agosto dese mesmo ano regresaba ás ondas, pero en Radio Valga, despois de estar na radio do instituto Camilo José Cela de Padrón , o lendario programa “Maquinillos no Horizonte”, copresentado e codirixido por Chema Aboy e por quen lles escribe estes parágrafos. “Maquinillos no Horizonte” fora o primeiro programa da emisora que tiña chamadas en directo e que era bastante máis moderado, nas súas formas, ó que faciamos no instituto. A parte das trangalladas, imitacións, desmadres e a musica habitual da orquestra “Los Satélites”, “Beeges”, “Modern Talking”, “Los Metálicos”, “A Roda”, “Ana Kiro”, “Heredeiros da Crus”…Chema falara aos oíntes da vida e costumes do escarabello peloteiro, xa que de animais Chema é un bo coñecedor, e eu falei dun importante eclipse de Sol que ía acontecer nesa semana e da morte, nun tiroteo coa policía, do verdadeiro Cocodrilo Dandee, persoeiro coa que se inspiraran, en parte, para a realización da película australiana do mesmo nome. E claro está, non podían faltar o anuncio das festas dos Dessamparados da Devesa, as de San Lourenzo e San Bertomeu de Seira, e as de Ssanta Baia de Oeste e a do Pemento de Herbón, que ese día se celebraba. Hai que dicir que para dar conta dos programas festeiros, eu que andaba todos os días en bicicleta, levaba na carteira das ferramentas unha libretiña que servía para apuntar as orquestras e as festas que estaban anunciadas nos carteis postos nos carballos, nas paradas do coche de liña e nos bares.
Os sábados pola maña eran moi intensos, coa emisión de varios progrmas diferentes coma era o caso de “Polisón”, no que ?scar Cereijo (Noise Project) daba a coñecer aos oíntes grupos de música alternativa e independente, tamén rapaces coma Ignacio, os irmáns Lois facían aportacións…e que me perdonen outros que estiveron, por non lembrarme dos sesus nomes neste momento. Tamén estes programas gravábanse á súa vez en cinta, coa finalidae de voltar a repetilos durante a semana, e iso era ás veces simpático e incrible, porque resultaba estrano escoitarte pola radio estando na casa, e á vez simpático, porque as veces os veciños e amigos víante pola rúa, mentres radiofusionaban o noso programa, e mirábante sorprendido, preguntándome como era posible que estivera andando por alí, si me estaban a escoitar nese mesmo intre.
Sin embargo, a pesar do “éxito”, “Maquinillos no Horizonte”, tivo unha vida moi efímera na nova emisora, e durou un mes, e as causas disto, de momento, son segredo de Estado. Mentres os demais programas continuaron un pouco máis de tempo, colaboradores coma Miguel Lois e ?scar Cereijo tamén se adicaron a presentar un programa de deportes, que tiña coma sintonía o coñecido tema “Sussudio” de Phil Collins. Durante estes primeiros anos tamén destacarían as colaboracións de Marisa Castiñeiras sobre o mundo do cine e os estreos, nun espazo dentro de “A Nosa Mañá” da directora Teté Rocamonde. Con todas estas bases a emisora iria pouquiño a pouquiño dándose a coñecer á audiencia, que daquela non era moita. Entre as causas disto estaba a pouca cobertura que tiñamos. Daquela as nosas ondas recibíanse con dificultade, coma moi lonxe, ata Lestrove ou Iria, e non existía cobertura total no territorio do Concello de Valga, xa que no Pino ou en Cerneira, debido ás interferencias doutra emisora, xa non nos podían ouvir.
Pasado un ano, no mes de xuño de 2000, comeza a traballar o gran experto en deportes, especialmente apaixoado co fútbol, Héctor Bermúdez, presentando en horario de 13:30 a 14 horas o programa “O teu deportivo”, e logo polas tardes “Moito máis que música”, progama que hoxe aínda segue en antena de forma continuada dende aquela, da man da mesma persoa. Tamén pola mesma época chega Rosa Bandín, que copresentará “A Nosa Mañá”, con Teté Rocamonde. Polo tanto en 2000 a plantilla da emisora era xas de tres persoas, sen contar cos colaboradores, do que un servidor formaba parte, presentando o musical e de festas “O Expreso das 4.30”, mentres outros colaboradores realizaban o programa de música dance “Discorava”. Facendo así un rápìdo repaso, salientamos que entre os anos 2001 e 2002 estivo traballando coma locutora procedente de Tele Salnés, a polifacética Silvia Cerneira, deixando a emisora para participar na 1ª edición do concurso “O Rei da Comedia” na TVG. En 2002 outra muller, Lidia Gallas, entra en Radio Valga, continuando na actualidade en “A Nosa Maña”. A principios de 2003 Teté Rocamonde deixa Radio Valga para se incorporar coma presentadora a Tele Salnés, polo que a dirección pasa a mans de Hector Bermúdez que será o encargado de capitanear os destinos da emisora ata os nosos días, ó tempo que a radio ía tomando cada día máis solidez, ata converterse nun referente indiscutible e líder de audiencia nos concellos de Valga, Pontecesures, Padrón, Dodro, Rois…así coma contar con oíntes espallados polos concellos de Rianxo, Catoira, Ames, Brión, Negreira, A Baña, Teo, Caldas, Cuntis, Val do Dubra…Para que estes logros foran posibles, a parte de dispoñer dunha programación moi aberta á participación dos oíntes, cabe salientar as melloras técnicas, como a posta en marcha do reemisor do monte Albor a finais de 2003, aumentando notablemente a cobertura así coma a introducción de ordenadores e unha nova mesa de son nos estudios.
Tamén destacar, si nos recordo mal, que a partires de 2004, por iniciativa dos nosos oíntes, comezaron as tradicionais ceas-festas da audiencia de Radio Valga, que comezaron cunhas 90 persoas atas as 500 na actualidade. Do mesmo xeito tiveron éxito as festas campestres, que tiveron lugar polo mes de San Xoán no Parque Irmáns Dios Mosquera de Valga, que reuniron, en varias ocaisóns, un bo número de oíntes para comer pulpo e churrasco na carpa do pulpeiro Lito Mambís, completado co disfrute de diversas actividades lúdicas, coma xogos tradicionais e actuacións musicais.
Con iste pequeno resumo, quixen lembrar e dar a coñecer como foi o inicio da emisora, xa fai 10 anos, porque contar despois as cousas salientables que ocorriron nos nove anos seguintes sería materia non só de máis artigos senón xa de un libro. E dende aquí dar as grazas a todos os oíntes, casas comerciais e ó Excelentísimo Concello de Valga, que confiaron sempre nesta emisora, na emisora de todos vós, porque nós sen vós non imos a ningures, esperando estar moitos anos máis ó voso carón, compartindo música, ilusións, compaña, chamadas, opinións, amizade, Grazas.
Artigo de Daniel Seijas Llerena
“Arousa, un mar de cultura”. DIARIO DE AROUSA, 07/06/09
Condenan al alcalde de Dodro por lesionar a un antiguo técnico deportivo.
El alcalde, Arturo Díaz Díaz.
La jueza considera probado que el regidor golpeó por la espalda y dañó a Alfonso Fernández ·· El mandatario local, Arturo Díaz, apela los 870 euros de sanción
Al Juzgado de Instrucción Número 2 de Padrón, y en particular a la jueza instructora María Jesús Sánchez, no le ha quedado duda alguna: el alcalde de Dodro, Arturo Díaz, es culpable de una falta de lesiones contra su ex técnico deportivo, Alfonso Fernández, por lo que se condena al regidor a indemnizar al antiguo trabajador municipal con 420 euros por “los perjuicios causados” y a abonar una multa de 450 euros (además de hacerse cargo de la costas procesales). Pero el mandatario local no lo tiene tan claro y acaba de apelar a la Audiencia.
La sentencia comienza, paradójicamente, por una denuncia del alcalde contra el técnico fechada el 19 de enero de este año, a la que siguió otra por el mismo incidente de Alfonso Fernández, fechada el 27 de enero.
Tras interrogar a las partes, tomar nota del reconocimiento forense al técnico y recabar las pruebas documentales, la jueza califica de hechos probados que ambas partes discutieron sobre el uso gratuito del pabellón municipal, caldeándose el ambiente hasta que, en repetidas ocasiones, el regidor instó a Alfonso Fernández a abandonar la casa consistorial.
A partir de ahí, intercambio de calificativos, hasta que el técnico optó por retirarse, dándole la espalda al alcalde. Y ahí reside, según la sentencia, buena parte de su error, al aseverar que “una vez de espaldas, Arturo Díaz le propinó un puñetazo a Alfonso alcanzándole en la parte posterior del pabellón auditivo izquierdo”, lesiones que recoge el pertinente parte médico de Padrón.
Afán pugilístico
Los hechos, sobre todo los que se atribuyen a un alcalde con supuesto afán pugilístico, rayan a partir de entonces cotas surrealistas. Y es que la propia jueza destaca las contradicciones sucesivas que ofrecen los múltiples testimonios del regidor, porque con posterioridad a su primera denuncia, Arturo Díaz opta por ampliar las imputaciones y variar “ligeramente” su testimonio… tras conocer la denuncia del lesionado.
Entre ellas, el tribunal apunta que “sorprende”que de un relato “vago y genérico contenido en la primera denuncia” se pase a una narración “precisa y detallada” que incluye frases, puestas en boca del técnico, como “¡si aínda has de levar, que che pego unhas ostias, que che parto a cara!” con posterior abalanzamiento sobre la figura del munícipe incluida (no está claro porque parte del cuerpo le agarró). Además, la jueza destaca contradicciones en cuanto a si hubo testigos y no se toma muy en serio que el alcalde se limitase a empujar a un ex técnico, que acabó lesionado. La sentencia absuelve a ambas partes de injurias.
APELACI?N Consulta al letrado
En su apelación, Díaz precisa que amplió su testimonio tras consultar con su letrado, que no dijo que hubiera testigos y que su despacho está alejado para que se oyera gritar.
Sin hematomas
También precisa Díaz que en el escalón caben dos personas (por el lugar de la agresión) y, sobre todo, que nunca se detectaron hematomas en los partes médicos del lesionado .
EL CORREO GALLEGO, 06/06/09