Arranxo do paso a nivel do centro do pobo.

Trala petición realizada polo equipo de goberno o 24 de maio de 2012 ó  Administrador de Infraestructuras Ferroviarias, Don Eulogio Gómez Franqueira, na que se lle solicitaba o arranxo do firme de caucho en mal estado do paso a nivel do centro da Vila, o pasado 19 de xuño recibiuse no Concello un escrito do Gerente de Mantenimiento de Ourense Don luís Manuel Palacios López no que textualmente se di:

“En relación con su escrito referenciado, le informamos que se va a proceder a la reparación del firme y su unión con la carretera del paso a nivel sito en el Km 68/682 de la línea de Redondela a Santiago, subsanando las deficiencias que nos ocupan.”

Dende o equipo de goberno queremos trasmitirlle o noso agradecemento a A.D.I.F pola  atención ás nosas reclamacións..

Un porco deambulou polas rúas de Pontecesures toda esta noite.

Recibiuse máis dun aviso no 112 de que un porco con pintas negras de considerables dimensións deambulaba por diversas rúas de Pontecesures (Sagasta, Víctor García, José Novo Núñez, Cantillo, etc…) polos problemas que podía causar na circulación.
Sobre ás 10 da mañá de hoxe o porco entrou na parcela da “Papelera” preto do paso a nivel de San Xulián.
Dende o concello realizáronse xestións co dono do porco e de dita finca para que adopte medidas que eviten a saída de animais ás rúas.

Roubaron no bar Katamarán de Pontecesures.

Sobre as 5 horas da madrugada do pasado sábado día 11 de abril, entraron a roubar no Katamarán (situado na rúa San Lois, a carón do paso a nivel central) pola parte traseira do local forzando unha verxa. A pesar de que sonou a alarma con que conta o local, os asaltantes levaron a recadación da máquina tragaperras, tabaco, varias botellas con bebidas e unhas barras de embutido.
Tamén levaron algún obxecto dun local anexo, que é propiedade da familia Fernández Maldonado.

Estase a realizar por parte de “R” a obra de canalización baixo a vía férrea.

Dende hai dous días, a empresa “R” esta pasando a canalización baixo a vía do tren no paso a nivel central da rúa San Lois de Pontecesures (“topo” para colocar a liña sen afectar á superficie).
A empresa ten a orde de rematar a obra o venres 27 de marzo, para que a rúa estea en condicións no vindeiro fin de semana, no que se celebra a romaría de San Lázaro.