Mañá día 23 de decembro, VII Carreira Popular de Pontecesures.

Organizada polo concello e coa colaboración da Deputación de Pontevedra celébrase a carreira de referencia con saída e meta na Plazuela de Pontecesures.
As 16,30 horas saíra a carreira dos participantes de 5 a 8 anos cun percorrido de 400 metros.
As 16,45 horas sairá a dos participantes de 9 a 12 anos cun percorrido de 600 metros.
As 17,00 horas sairá a dos participantes de 13 e 14 anos cun percorrido de 1.200 metros.
As 17,20 horas sairá a carreira senior onde haberá catro categorias (de 15 a 17 anos; de 18 a 35; de 36 a 50; e de máis de 50 anos). O percorrido será de 5.000 metros.
As 18,15 horas sairá a carreira dos pitufos de o a 4 anos cun percorrido de 100 metros.

A inscrición previa na Casa do Concello será chamando aos teléfonos 986-564410 e 986-564403 e 986-557125 ou enviando un fax ao 986-557554.
Tamén pódense inscribir os participantes o mesmo día 23 dende as 15,30 ata as 16,30 horas no Centro Social de Pontecesures (Camiño de San Xulián 4).

Haberá camisetas para os 200 primeiros inscritos e trofeos para os tres primeiros da carreira senior (homes e mulleres). Tamén haberá medallas para os tres primeiros de cada categoría (homes e mulleres) e un trofeo especial para o/a participante máis veterano/a

La programación navideña conjuga verbenas con actos culturales y juegos infantiles.

La programación de Navidad organizada por la Concejalía de Cultura de Pontecesures propone para estas fechas una amalgama de actividades de carácter cultural, infantil y deportivo que comienzan el 23 de diciembre con el maratón popular que partirá desde la Plazuela a las 16 horas. A partir de ese mismo día y hasta el 5 de enero el Concello acogerá una exposición de pintura de la asociación “A Barcarola”.

(máis…)

Manuel Luis Álvarez: ‘Non podo deixar a Pontecesures nas mans destes personaxes tan curiosos da oposición’

p(centrado). altoparlante.jpg

O nacionalista Manuel Luis Álvarez Angueira afronta a recta final da súa segunda lexislatura á fronte do Concello de Pontecesures; un mandato duro no que a ruptura do goberno tripartito que compartía cos independentes Luis Ángel Sabariz e Maribel Castro – que aínda segue a ser a súa socia – deu un xiro a situación municipal. En minoría, a gobernabilidade complicouse pero Angueira está satisfeito das cousas logradas “a pesar da oposición”, á que acusa de “acosarme permanentemente”. Segue a ter ilusión por traballar polo municipio e, por iso, avanza que optará de novo á reelección nos comicios de maio de 2007 cun obxectivo claro: acadar a maioría absoluta.

(máis…)