O punto de información dixital que nunca existíu.

No pleno do pasado luns 28 de maio, o goberno municipal de Pontecesures informou sobre a situación do Punto de Información Multimedia (PIM) ubicado no lugar de Infesta. Os sete postes informativos ubicados en outros tantos concellos da comarca foron financiados pola xa desaparecida Asociación para o Desenvolvemento Rural dos vales do Ulla e Umia (ADR), e costaron 39.060 euros (5.580 euros cada un) no ano 2007.

Pois ben, a diferenza dos demais concellos da comarca, o PIM de Pontecesures nunca chegou a funcionar; e non podía facelo porque o ordenador do seu interior nunca se instalou, é o que é máis grave, non é posible atopalo. Ese era o modelo de xestión do goberno anterior, un despropósito de derroche e abandono dos medios económicos e materiais postos a súa disposición.

Prorrogado ata o 30 de outubro o contrato dunha auxiliar administrativa en Pontecesures.

En base á resolución da alcaldía de 11/04/12, prorrógase o contrato da auxiliar administrativa Noa María Bouzón Taibo dende o 16 de abril ata o 30 de outubro de 2012. Xustifícase a prórroga na acumulación de traballo existente nas oficinas e a que seguen de baixa dúas das tres persoas titulares das oficinas. Estímase que a traballadora reúne as condicións idóneas para o posto, por titulación e experiencia, tendo en conta ademáis que no seu momento pasou o proceso de selección. O contrato segue a ser a xornada completa.

Lémbrase que Noa María Bouzón Taibo xunto con María Iglesias foran contratadas o 13 de xuño de 2011 como auxiliares adminstrativas dentro dos programas de fomento do emprego subvencionados pola Consellería de Traballo e Benestar logo da proba do tribunal. Remataron o contrato o 13 de xaneiro de 2012 e o 16 dese mes houbo un novo contrato para a auxiliar administrativa Noa María (sobre o que se pediron explicacións no pleno ordinario de xaneiro xa que non se coñecían as razóns para alterar a orde de puntuación do tribunal no que María Iglesias era a primeira e Noa María Bouzón Taibo a segunda) que agora se prorroga.

Hoxe, 26 de marzo, pleno en Pontecesures para tratar da suba das taxas proposta polo goberno local.

O pleno ordinario será ás 20:30 horas coa seguinte orde do día:
1. Acta anterior
2. Modificación da ordenanza iscal reguladora da taxa por servizos de piscinas, instalacións deportivas e outros servizos análogos.
3. Modificación da ordenanza fiscal da taxa pola prestación de servizos da Escola Infantil Municipal.
4. Informes da presidencia.
5. Rogos e preguntas.

Coma sempre faise un chamamento á veciñanza para que acuda ao pleno. Vaise tratar da suba das taxas proposta polo goberno local e sempre é importante coñecer de primeira man os debates, e as posicións de cada grupo.

Cesures vota mañana la subida de tasas de la piscina, canchas deportivas y la escuela infantil.

El pleno de Pontecesures se reunirá mañana para votar la modificación, al alza,, de varias tasas municipales. Las subidas más acusadas se producen en el servicio de la piscina, donde lo precios aumentan más del doble. Según la propuesta del gobierno local, de los 0,45 euros que estaban pagando los niños se pasa a una tarifa de 1,50, y de los 1,20 euros que vale la entrada de adultos se pasa a 3 euros. También suben los abonos mensuales de 9 a 20 euros y de 27 a 40 euros para niños y adultos respectivamente.
Por la utilización del pabellón de deportes se cobrará a partir de ahora 10 euros por hora y 35 euros por la utilización del campo de fútbol. Hasta la fecha no había tasa por utilización del terreno de juego.
Otra propuesta que presenta el gobierno a pleno se refiere a la escuela infantil, donde también se producen incrementos. De los 110 euros de que cobran de máximo por jornada completa, se pasa a los 160 euros, y de los 33 euros que se cobran por el servicio de comedor se pasa a una tasa de 38,69 euros. Estos precios están sujetos a reducción en función de las rentas familiares de los usuarios del servicio.

LA VOZ DE GALICIA, 25/03/12

Luis Sabariz pide a los vecinos que acudan al pleno del lunes.

El concejal Luis Sabariz anima a los vecinos que acudan al pleno que está previsto celebrar el lunes en el consistorio pontecesureño.Lo cierto es que el orden del día depara pocos alicientes, pues solo incluye la aprobación de actas, dar cuenta de las resoluciones de la alcaldía, informes de presidencia y ruegos y preguntas. Pero a pesar de ello el edil cree necesaria la asistencia vecinal, “pues siempre es importante conocer en directo las cuestiones municipales y las posturas de cada grupo”.

FARO DE VIGO, 28/01/12