Os socialistas cesureños propoñen medidas contra a crise do COVID-19.

Nos concellos da redonda estanse a propoñer e facer iniciativas para a recuperación do tecido económico das empresas do concello, nomeadamente, autónomos e pequeñas empresas.

No pasado pleno, o equipo de goberno recoñeceu que NON ten planificado aplicar ningún tipo de medida nesta liña.

Lembramos que o grupo municipal socialista de Pontecesures rexistrou tempo atrás unha serie de medidas para paliar os efectos da crise provocada polo COVID-19, entre elas:

– Incentivos económicos para os establecementos que tiveron que pechar durante o confinamento, ou ben viron moi reducida a súa facturación.

– Suspensión durante un ano da taxa de terrazas, e paralelamente permitir o aumento dos espazos públicos para a súa colocación sen custe adicional.- Creación dunha páxina web con información dos establecementos, así como promover a venda online.

– Adquisición de e-bonos para as familias máis desfavorecidas sin acceso a internet.

– Campañas de dinamización do comercio e hostelería locais. Pódese contemplar dar a coñecer os seus servzos, ou no caso do comercio, plantexar unha feria de stocks cando se poida levar a cabo.

– Dotación a todos os establecementos de xel hidroalcohólico.

– Actividades de formación dixital para a poboación.

– Incrementar a capacidade da rede wifi.

Consideramos que estas medidas (e outras que se puideran levar a cabo), deberían ser discutidas e consensuadas entre as forzas políticas e outros representantes sociais, na procura dun plan que permita sair a Pontecesures canto antes da grave situación económica provocada pola pandemia.Non nos sorprende a falta de iniciativa por parte do goberno municipal, que prosigue na súa actitude de apatía e falta de empatía cos problemas da veciñanza.

Socialistas de Pontecesures

Xavier Senín, un dos nosos mestres da tradución ao galego.

O pleno da Real Academia Galega ven de facer xustiza. Onte nomeou a Xavier Senín membro correspondente desta entidade, faro do noso eido cultural. Ben coñecido polo seu traballo nas páxinas de EL CORREO, este fillo de Pontecesures, é unha das figuras máis destacadas na tradución ao galego, con máis de cento cincuenta volumes publicados en numerosas editoriais. Mesmo para lectores cativos que adultos, os ollos, o agarimo e os coñecimentos deste intelectual fixeron posible, por exemplo, os álbums de Astérix, e clásicos como O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha. Hoxe onde a cultura é máis necesaria que endexamais para dese xeito atopar xanelas para resistir neste tempos negros, que persoas (e non persoeiros) traballadoras do noso como Senín acaden distincións e unba boa nova que cumpre celebrar.

El Correo Gallego

Os socialistas cesureños solicitan a eliminación de barreiras para as persoas con mobilidade reducida.

No pasado pleno chamamos a atención sobre os vaos que ainda non están adaptados correctamente e supoñen unha barreira para persoas con mobilidade reducida, que necesitan cadeiras de rodas ou teñen problemas de visión. Agardamos que canto antes se leven a cabo as actuacións necesarias para mellorar a accesibilidade no noso concello.

Socialistas de Pontecesures

RECORDATORIO: ESTE LUNS DIA 6 DE XULLO FESTIVO LOCAL EN PONTECESURES.

Coma todos os anos, o 1º luns do mes de xullo foi unha das 2 datas anuais escollidas por este concello coma festivo local. ben é certo que este ano, por toda a situación xerada pola crise do COVID19 vaise facer un tanto atípico, sen festas, pero ó igual que pasou con outras datas festivas en pleno confinamento (Semana santa, 1º de maio) este luns NON é laborable en Pontecesures.
Eso si, recordade que o uso das mascarillas é OBRIGATORIO tanto en interiores de locais comerciais, coma en exterior polas beiraruas se non se garantiza as distancias mínimas de seguridade.