O Concello de Pontecesures vén de colocar un total de 18 novas papeleiras para mellorar a recollida de lixo nas rúas Víctor García, Sagasta, San Lois e Portarraxoi. Están feitas en chapa de aceiro ao carbono, lacadas e rotuladas co escudo do Concello. Cunha cubeta interior de aluminio, teñen unha capacidade duns 50 litros e un sistema para a colocación das bolsas do lixo semellante ás xa instaladas na Praza do Coche de Pedra, na Travesía do Muelle e na contorna do mercado.
𝗢 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼 𝗱𝗲 𝗣𝗼𝗻𝘁𝗲𝗰𝗲𝘀𝘂𝗿𝗲𝘀 𝗼𝗿𝗴𝗮𝗻𝗶𝘇𝗮 𝗱𝗶𝗳𝗲𝗿𝗲𝗻𝘁𝗲𝘀 𝗮𝗰𝘁𝗶𝘃𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲𝘀 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗼 𝗗í𝗮 𝗱𝗮𝘀 𝗟𝗲𝘁𝗿𝗮𝘀 𝗚𝗮𝗹𝗲𝗴𝗮𝘀 𝗼 𝟭𝟳 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝗶𝗼: Ás 17:30h realizáranse un compendio de xogos de temática agraria, que nos presentan un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantaruxeiros da nosa fauna. O paporrubio, calzado cuns zoquiños, guía a nenos e maiores por unha eira chea de xogos.
Os participantes nesta aventura compartirán os xogos con marionetas, habitantes de granxa e xigantes que contarán pequenas historias.
A pretensión é facerlle accesible, a través da diversión para calquera público, unha cultura agraria que de por si adoita fascinar e marabillar.
Anímate a vivir un día das letras cheo de diversión con toda a familia!
O fondo bibliográfico está a disposición da veciñanza e inclúe 250 libros editados antes de 1900, un deles datado no 1700
A Biblioteca Municipal de Pontecesures vén de rematar a catalogación do Fondo Manuel Vicente Moure, composto por un total de 1.107 referencias bibliográficas e case na súa totalidade de fondo antigo, é dicir, publicado antes do ano 1960. Un traballo acometido nos últimos tempos pola bibliotecaria municipal, María Teresa Gil, quen salienta que “estes libros nunca poderán ser obxecto de expurgo”.
O Fondo Manuel Vicente Moure está composto por un total de 1.107 libros, 250 dos cales foron editados antes do ano 1900 e un deles data do ano 1700 e titúlase “Du celibat volontaire ou la vie sans engagement”. A maiores hai outro datado en 1717, un de 1785, dous de 1786 e tres de 1787.
Todos eles están expostos á veciñanza cesureña nas dependencias da biblioteca municipal, despois de medio século de itinerancia por outras instalacións como a antiga Casa do Concello de Pontecesures, o actual CPI ou o semisoto da actual Casa Consistorial.
O Fondo Manuel Vicente Moure conformouse a raíz dunha doazón deste veciño nado en San Xulián de Requeixo en 1860 e que emigrou a Arxentina. Aló fixo fortuna e destinou parte dela a mellorar as condicións de vida do seu pobo natal.