II CAMPIONATO DE PRO EVOLUTION SOCCER 8 SAN ROQUE DA PONTE

pes8.gif

II CAMPIONATO DE PRO EVOLUTION SOCCER 8

* DÍA: Os sábados, comezando o vindeiro día 16 e ata que se acabe.
* HORA: A partires das 16:00
* LUGAR: Centro Social da Ponte
* INSCRICI?N: 15 ?
* MODALIDADE: XOGARASE NA PS2. Crearase unha comunidade nunha tarxeta valeira e competirase en 2

fases:

* 1ª Fase: Formato de liga, xogando todos contra todos, ida e volta.
* 2ª Fase: Xogarán eliminatorias a dobre partido os 8 primeiros, sendo a final a partido único.

PREMIOS:

* 1º CLASIFICADO……..60% da recadación
* 2º CLASIFICADO……..30% da recadación

PREMIOS ESPECIAIS:

* Máximo goleador
* Menos goleado

HABERÁ SERVIZO DE BAR

ORGANIZA:
Comisión de Festas San Roque 2008

OS 2 FINALISTAS DO 1º TORNEO

Anuncio para a contratación dun educador/a familiar en Pontecesures.

Para desenvolver o Programa de Educación Familiar no 2008 precisase contratar un/ unha educador/a familiar con contrato por obra ou servicio a tempo parcial (media xornada), cun salario bruto mensual de 645,01 ? brutos o mes, (14 pagas). Os/as interesados/as deberán estar titulados/as como:

* Diplomado/a en Educación Social.
* Diplomado/a en Traballo Social.
* Licenciado/a en Psicoloxia.
* Licenciado/a en Pedagoxia.

As instancias xunto co curriculo de meritos alegados presentaranse no Rexistro Xeral da Casa do Concello de Pontecesures, rematando o prazo de presentación o vindeiro 15 de febreiro de 2008 ás 14:00 h.

O sábado día 9 de febreiro terá lugar o pleno para elixir ós membros das mesas para os comicios do 9 de marzo.

Será ás 11,30 horas, no Salón de Sesións da Casa do Concello de Pontecesures. Elixiranse 9 membros (presidente titular, vocal 1º titular, vocal 2º titular e dos suplentes de cada un) para cada unha das tres mesas electorais que temos en Pontecesures.
A elección realízase por sorteo, utilizando un sistema informático baseado no censo electoral de Pontecesures.
Lémbrase que para estas lexislativas, as tres mesas electorais serán instaladas no CPI Pontecesures.