Biblioteca municipal: Concedida unha subvención de 1.805,60 ? para adquisición de libros.

A Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura ven de resolver a convocatoria para 2007 do Programa de mellora das coleccións bibliográficas das bibliotecas públicas municipais.

Para a biblioteca municipal de Pontecesures concedeuse unha subvención de 1.805,60 ? que vai contribuir á mellora do servizo.

Agora o concello ten que adquirir os libros e enviar as facturas ó Centro Superior Bibliográfico de Galicia antes do 31 de outubro de 2007.

Instalacións deportivas precarias

Os xogadores das distintas categorias de Clube Baloncesto Pontecesures, denuncian ó estado lamentable do pabillón municipal de Infesta. Antes de nada, queremos deixar claro que esto non se trata de buscar culpables nin de cargar contra o actual goberno municipal. O pabellón, por desgracia, xa esta así dende bastantes anos atrás. Simplemente buscamos solucións para practicar o noso deporte, o básket, nunhas condicións dignas.

Creemos que unha das primeiras medidas que habería que adoptar, sería a urxente contratación dunha persoa encargada do coidado do pabillón.

Dentro de quince días comeza unha nova tempada para os sete equipos que forman a estructura do clube, rapaces dende os cinco anos, ata os maiores do equipo senior. Temos que darnos conta de que cada semana visitan o noso pabellón equipos (de tódalas idades) de toda a provincia de Pontevedra.

# Agora mesmo os vestiarios están inutilizables, xa que faltan cristais das ventanas, as portas, as que quedan, están rotas e sen pechaduras, as paredes presentan un estado lamentable…
# O pabillón presenta en tódolos seus recunchos ( vestiarios, gradas, pista, aseos para o público, almacens…) unha limpeza “escasa”.
# A pista, lugar básico para a práctica dos deportes, esixe un especial coidado, co fin de evitar resbalóns e caidas, co fin de evitar lesións, como en tempadas pasadas.
# Reparar o marcador, a megafonía, asentos das gradas…

Esperamos que as nosas queixas non caian en “saco roto”, pois aparte do clube de Baloncesto, disfrutan e usan as intalacións, os alumnos do Colexio de Pontecesures, o futbol sá veterano que xogan federados na liga galega….

Os xogadores.

imgp0548.jpg

imgp0549.jpg

imgp0550.jpg

imgp0551.jpg

Actividades formativas para persoas adultas en Pontecesures.

Educación Secundaria para persoas adultas (ESA)

O Concello de Pontecesures informa de que está aberto o prazo de inscrición para as actividades formativas para adultos, consistentes en clases presenciais de preparación para a obtención do título oficial de Educación Secundaria para Persoas Adultas (ESA) ao que poden incorporarse todas aquelas persoas maiores de 18 anos, que queiran concorrer ás probas oficiais para obter o título de Graduado en Secundaria, curso 2007/2008.

Co Graduado Escolar acceden directamente ao 2º nivel de secundaria podendo obter o título nun só curso.

Con Estudios Primarios, EXB ou o primeiro ciclo da ESO sen rematar deberán realizar o 1º e o 2º nivel, podendo acadar a titulación en secundaria en dous cursos académicos.

As clases realízanse en horario nocturno.

Así mesmo, as persoas menores de 18 anos e maiores de 16 poderán matricularse no caso de que conten cun contrato de traballo e conten con autorización da Inspección Educativa para non continuar no réxime ordinario do ensino.

Para máis información poden dirixirse ao Servizo Social de Atención Primaria do Concello de Pontecesures os luns, martes e venres de 9 a 13,30 horas.

Pontecesures, 13 de setembro de 2007

Estase a xestionar a retirada do andamio do edificio “Villa Pombal” na rúa Victor García.

NOTA DE PRENSA DO GRUPO DE GOBERNO DE PONTECESURES

Hai bastante máis dun ano que continúa instalado un andamio no edificio situado no número 27 da rúa Victor García aínda que non hai obra algunha no mesmo e así este elemento entorpece a circulación dos peóns pola zona e limita espazos para o estacionamento de vehículos coas conseguintes queixas dos veciños da zona.

(máis…)

Un helicóptero del SOS Galicia evacúa a un enfermo en el patio del CPI Pontecesures.

SOSSobre las 14,10 horas del día de hoy, un helicóptero del SOS Galicia tomó tierra en el patio del colegio para trasladar a un Centro Médico al vecino de San Xulián J.M.L.B. (persona mayor completamente ajena al centro de enseñanza) que se encontró gravemente indispuesto en el propio Centro de Salud de Pontecesures que está muy cerca del colegio.

Se utilizó la explanada del patio para facilitar el aterrizaje del helicóptero.