Neste I Certame de Música Tradicional “Festas da Guadalupe 2007”, a gaiteira cesureña Adriana Rivas Seijo pertencente ó grupo folclórico “Algueirada” obtivo un premio especial como solista (foi acompañada co tambor por Miguel Castaño). O primeiro e o segundo premio foron para gaiteiros con varios anos de experiencia (Adriana ten só 15 anos), pero o xurado quixo premiar tamén a magnífica interpretación da gaiteira cesureña.
Ademáis do premio económico, Adriana recibeu a felicitación dos compoñentes do xurado animándoa para que continúe esforzándose no futuro.
O martes día 11 de setembro ás 19 horas, na Praza da Igrexa de Rianxo, celébrase o I Certame de Música Tradicional dentro da programación das Festas da Guadalupe 2007.
O mércores día 12 de setembro comeza o curso en infantil e primaria cun horario de 9,05 a 14,05 horas. Este horario permanecerá así en todo o curso. En primaria haberá só un recreo que será de 11,35 a 12,05 horas.