Excursión para Maiores a Camariñas, Laxe e Vimianzo

O concello organiza unha viaxe para o vindeiro 5 de maio para maiores de 60 anos por 10?, que terá un custo reducido de 5? para os veciños con menos recursos.

A excursión terá o seguinta programa:

* Saída ás 8 da mañá desde a Prazuela
* Vista guiada a Camariñas e a Laxe
* Xantar en Baio
* Visita ao Castelo de Vimianzo e regreso a Pontecesures

E inclúe tódolos custos: guía, autobús, entradas, xantar, seguro de viaxe.

Máis información na web de concello: Pontecesures.org

Medio Rural adianta ao mes de xuño o despregue de 6.000 efectivos contraincendios

lume.jpgA consellaría afirma que o persoal está moito mellor preparado ca o ano pasado

O departamento que dirixe Alfredo Suárez Canal decidiu adiantar un mes o despregue dos efectivos para loitar contra o lume. Este ano estarán en alerta dende o primeiro día de xuño. O conselleiro sinalou que ??temos todo xa preparado, co persoal mellor formado e contratado por máis tempo?. Aínda así, Canal sinalou que nestes momentos xa están a actuar nos montes 1.500 traballadores.

Medio Rural aproveitou para presentar este mércores o Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galiza (Pladiga) que substituirá ao Infoga. A principal novidade é un sistema que permitirá coñecer con dez días de antelación o índice de risco diario de incendio. Isto vai axudar a tomar medidas preventivas en determinadas zonas do país.

:: Vieiros ::

Folga á Xaponesa

Esta mañán puxen o seguinte comentario na última entrada da “xornada única”

Durante os próximos días vou a ser especialmente estricto, e vanse eliminar calquera comentario novo que incumpla a norma de ??Os comentarios: teñen que estar relacionados ca entrada en cuestión.?. E non valdrán relacións ??rocambolescas?, senón ou van sobre a entrada, ou van ó ??limbo dos comentarios sin orden?.

Sexamos ordeados, hai mil formas de dicir as cousas, e aquí só se pide orde e respeto. E non eso de ??todo vale?.

16/Abr/2007 ás 10:42

Poño esto como entrada para que sexa máis visible. Durante os próximos 7 días non se vai pasar ningún comentario (fora de tema), e todo porque estase a falar nos comentarios sobre temas que nada teñen que ver ca entrada e hai que evitar que esto pase a ser caótico.

Si alguén ten algo que dicir e non atopa (ou non existe) unha entrada onde sexa válido (o tema a tratar) pode enviar ese comentario coma unha opinión á dirección de correo electrónico: redaccion@pontecesures.net e porémolo coma unha entrada para que se fale dese asunto.

Xa pasaron 4 comentarios á moderación (non visibles) por estar fora de sitio, de 6 comentarios … o que fan un 66% de comentarios fora de tema. Esto é excesivo.