Valga acadou un rotundo éxito co cambio de data do seu desfile, xa que o feito de celebrarse o sábado encheu de público as rúas de Ferreirós. Outro dos atractivos deste evento, desde o punto de vista dos participantes, foi que o premio dos grupos e as comparsas foi o dobre que o ano pasado. Así A Arrincadeira (a Duquesa de Alba visita Valga), representada por José Castro Duro de Cordeiro, levou 600 euros. En segundo lugar quedou O bosque animado (Ángel Loureiro, de Romai) e en terceiro, Os carrexadores (Fernando Gómez Rincón, de Valga). Tamén no apartado de adultos, Os pavos reais (Ana Luz González, de Valga) quedaron primeiros, seguidos de Os vellos non deben namorarse (Miguel Ángel Abuín, de Valga) en parellas. En canto á categoría de individuais, gañaron Pinocho (Conchita Isorna) e Cabernícola (Francisco José Castro, de Setecoros). O premio ó mellor disfraz do municipio, dotado con 100 euros, foi para Los Chamorros van de voda (Ángel Riveiro), que tamén levou un premio en Catoira.
Na modalidade infantil, Fashionet (Ramona Quintá, de Cesures) e O galiñeiro (Melina Resús, de Valga) gañaron na categoría de grupos e comparsas, mentres Un almorzo do máis completo (Patricia Rañó, de Valga) e As bombonas de trapo (Paz Rodríguez, de Cordeiro) foron as mellores parellas.
Os catro disfraces individuais premiados foron Carrusel (Montserrat González, de Dodro), Fantasía (Santiago Cerneira, de Valga), Bebé primavera (Cristina Casal, de Campaña) e A Abella (Pilar Rodríguez, de Cordeiro).
DIARIO DE PONTEVEDRA, 25/02/09